Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de marzo de 2019

    A Comunidade Valenciana entrega os Premios para a promoción do uso do valenciano nos Llibrets de Fallas. Con estes galardóns preténdese recoñecer o traballo a prol do uso desta lingua nas Fallas e impulsar o seu emprego público.

    Fonte: València Extra

    15 de marzo de 2019

    A Deputación da Coruña convoca o X Premio Rosalía de Castro de Lingua 2019, que ten como obxectivo recoñecer o traballo de persoas, colectivos, asociacións ou entidades que destaquen polo seu compromiso coa promoción do galego.

    Fonte: Deputación da Coruña

    15 de marzo de 2019

    O Concello de Santiago de Compostela organiza, no marco do proxecto Agego, Tardes Xogantinas, unha iniciativa de lecer e socialización en galego dirixida a nenos e nenas de 3 a 6 anos que se desenvolverá todos os mércores ata o 26 de xuño.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    15 de marzo de 2019

    “Euskara ibiltaria”, a exposición organizada por Euskaltzaindia con motivo do seu centenario, permanecerá ata o 16 de xuño no Museo Vasco e nela móstrase o Atlas das Variedades Locais do Éuscaro, unha ferramenta fundamental para o coñecemento desta lingua.

    Fonte: Deia

    15 de marzo de 2019

    Un ano máis a Universidade de Vigo quere premiar a creatividade e o talento literario en lingua galega dos membros da comunidade universitaria cunha nova edición dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria.

    Fonte: Universidade de Vigo

    15 de marzo de 2019

    O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación definitiva da Ordenanza de normalización lingüística do Concello da Cañiza, un texto que declara o galego como lingua propia e oficial desta Administración e idioma de uso normal en todas as súas actividades.

    Fonte: CTNL

    15 de marzo de 2019

    Nos últimos anos a cultura do fado tornouse popular en Goa, antiga colonia de Portugal na India. O Instituto Camões e outras entidades aproveitaron este apego para fortalecer a promoción da lingua portuguesa neste territorio.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    15 de marzo de 2019

    O novo sitio web Trobasons, que recolle toda a música feita en lingua occitana, axudará a promover e divulgar este idioma a partir dun dos seus principais modos de expresión cultural.

    Fonte: Jornalet

    14 de marzo de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura da xornada O ano internacional do sistema periódico: reflexións desde Galicia, que organiza o Consello da Cultura Galega (CCG) co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    14 de marzo de 2019

    Alguén que respira! II Festival de Poesía para o Corpo Principal, promovido polo Concello compostelán e pola Consellería de Cultura e Turismo e posicionado desde a súa primeira edición como un dos máis importantes encontros arredor da poesía de toda a Península, congrega na capital galega durante a semana que vén, do 21 ao 23 de marzo, máis de cincuenta poetas, performers, músicos e músicas, actores e actrices para celebrar a poesía como forza aglutinadora da cultura.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder