Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de marzo de 2019

    O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, sumouse á VII Celebración do Día da Árbore, a Auga e a Poesía, que reuniu na Insua dos Poetas (na Esgueva, Madarnás) a máis de 300 escolares de dez centros educativos galegos.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    21 de marzo de 2019

    A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, salientou o papel do Premio Arcebispo Juan de San Clemente -impulsado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago- no fomento da lectura e o espírito crítico entre os máis novos, que son os principais protagonistas deste galardón que se instaurou hai 24 anos.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    21 de marzo de 2019

    O Goberno da illa de Mallorca abriu o prazo para solicitar subvencións de libros e fonogramas en catalán. Estas axudas teñen como obxectivo diversificar as formas de acceso á lectura e á música nesta lingua e que así teña maior presenza en plataformas dixitais.  

    Fonte: La Vanguardia

    20 de marzo de 2019

    Un investigador portugués publicou un dicionario do crioulo de Macau ou patuá que, segundo a ONU, está gravemente ameazado de desaparición.

    Fonte: Dnoticias

    20 de marzo de 2019

    Alertan ao Consello das Terras Altas de Escocia que o número de matrículas en linguas modernas está diminuíndo nas escolas desta zona de Escocia e iso a pesar de que o Goberno escocés introduciu un plan para a promoción do estudo dunha ou varias linguas estranxeiras.

    Fonte: The Inverness Courier

    20 de marzo de 2019

    Grazas á proposta impulsada por un activista defensor do catalán no ámbito dos videoxogos e os audiovisuais en liña, Twitch, a principal plataforma de transmisión en streaming, xa permite etiquetar os vídeos nesta lingua.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    20 de marzo de 2019

    O novo Decreto de avaliación e certificación de coñecementos de lingua catalá ten como obxectivo adaptar a normativa vixente á estrutura actual da Administración balear e actualizar os contidos de cada nivel.

    Fonte: 20minutos

    20 de marzo de 2019

    Físico, de Andrew McMillan, un dos libros máis celebrados da poesía inglesa actual, chega ao galego da man de Chan da Pólvora Editora na súa nova colección O Río, dedicada exclusivamente á tradución.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de marzo de 2019

    As consellerías de Cultura e Turismo e de Política Social, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, acaban de facer públicos os nomes dos gañadores da sétima edición do certame de mensaxes de amor en galego Lingua de namorar.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de marzo de 2019

    A organización xuvenil Urdd Gobaith Cymru, que ofrece actividades e apoio a xente nova de Gales por medio da lingua galesa, incrementou o seu número de membros en case mil persoas nos últimos 6 anos.

    Fonte: North Wales Chronicle 

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder