Finlandia introducirá a instrución en lingua estranxeira no primeiro ano da educación básica co fin de reducir as desigualdades na aprendizaxe das linguas.
Fonte: Xinhuanet
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Finlandia introducirá a instrución en lingua estranxeira no primeiro ano da educación básica co fin de reducir as desigualdades na aprendizaxe das linguas.
Fonte: Xinhuanet
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas, que se realizarán en xuño en Santiago e Ponferrada, para a obtención dos certificados de lingua galega (niveis Celga 1, 2, 3 e 4) no ano 2019.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Goberno vasco presentou a tradución ao éuscaro dos episodios relacionados coa Guerra Civil acontecidos en Euskadi escritos polo xornalista británico George Steer. A obra, traducida pola autora Koro Navarro, leva por título Gernikako arbola. Gerra modernoaren landa-azterketa bat.
Fonte: Noticias de Navarra
Acció Cultural del País Valencià (ACPV) presentou un proxecto de lei de igualdade lingüística que ten como obxectivo garantir a "non discriminación" polo emprego de calquera das dúas lingua oficiais na Comunidade Valenciana e evitar a falta de uso e a subordinación do valenciano.
Fonte: 20 minutos
Todos os grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia votaron a favor de manter como requisito o coñecemento do galego para obter un emprego na Administración autonómica.
Fonte: La Voz de Galicia
A 4ª edición do Festival Internacional Kerouac volve levar a poesía en lingua galega en diálogo con outras artes a Nova York, do 3 ao 6 de abril. A directora do evento, Vanessa Álvarez, acompañada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou este festival.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A plataforma en liña desenvolvida polo Instituto Camões e Porto Editora chegou aos 600 usuarios. Grazas a este sitio existen persoas aprendendo de forma remota a lingua de Camões nos cinco continentes.
Fonte: Diário de Notícias
O Centro Interdisciplinario de Documentación Lingüística e Social de Portugal (Cidles) reunirá toda a investigación pertinente para crear un arquivo especializado de linguas ameazadas de Europa.
Fonte: Público
A Oficina de Normalización Lingüística de Xixón considera o sector socioeconómico fundamental para a sociedade actual, polo que vai organizar ao longo de 2019 varias actuacións destinadas ao impulso do uso do asturiano nas empresas. A primeira delas será un obradoiro de carácter práctico sobre o emprego desta lingua, no que se lles proporcionará ás empresas as ferramentas necesarias para que a utilicen na súa actividade diaria.
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua envioulles aos partidos políticos con implantación en Galicia as súas propostas en materia de fomento do galego na Administración local, para que estes as teñan en conta á hora de elaborar os seus programas electorais para as vindeiras eleccións municipais.
Fonte: CTNL
Subscríbase ao boletín