Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de abril de 2019

    O Consell de Menorca convoca axudas por valor de 40 000 euros para o emprego e o fomento do catalán nos ámbitos empresarial, asociativo e deportivo da illa, co obxectivo de promover esta lingua en todos os sectores e de implicar a sociedade nas políticas de dinamización lingüística.

    Fonte: Menorca

    10 de abril de 2019

    A colección Guies Insight acaba de publicar dúas novas guías de viaxe en catalán grazas ao apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña, unha sobre Islandia e outra sobre Praga, que se suman ás seis anteriores (Berlín, Lisboa, Londres, Nova York, París e Roma).

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    10 de abril de 2019

    A plataforma Queremos Galego fai un chamamento para que a sociedade se mobilice o vindeiro 17 de maio para esixir "liberdade, igualdade e xustiza" para a lingua galega. O cartel da xornada, deseñado por Luís Davila, terá como lema “Máis que nunca, Queremos Galego”.

    Fonte: Praza Pública

    10 de abril de 2019

    O Correlingua 2019, organizado pola CIG-Ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), comezará o 2 de maio en Cangas e terá como lema “O galego é a fórmula".

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    09 de abril de 2019

    O Instituto Politécnico de Macau (IPM, polas súas siglas en portugués) estreou un sistema de tradución automática con recoñecemento de voz para a combinación lingüística chinés-portugués-inglés.

    Fonte: RTP

    09 de abril de 2019

    Un estudo de investigación presentado por un catedrático da Universidade do País Vasco revelou que un total de 4800 xornalistas traballan exclusivamente nunha lingua minoritaria en Europa.

    Fonte: La Vanguardia

    09 de abril de 2019

    As rúas de Xixón acolleron a manifestación para reclamar a oficialidade da lingua asturiana e esixir que na vindeira lexislatura se modifique o Estatuto de Autonomía para recoller esta reivindicación.

    Fonte: La Nueva España

    09 de abril de 2019

    Desde a aprobación o pasado 3 de decembro de 2018 do Plan de normalización do uso do éuscaro de Osatek 2018-2022 avanzouse xa en varios aspectos. O obxectivo é que esta sociedade pública, dependente do Departamento vasco de Saúde, garanta os dereitos lingüísticos dos pacientes e converta o éuscaro na súa lingua de traballo.   

    09 de abril de 2019

    O concurso literario Mazarelos, que chega á súa quinta edición, ten entre os seus obxectivos fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    09 de abril de 2019

    A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presentou a conferencia coa que o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes inaugurou a Semana Cultural Antonio Fraguas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder