O Concello de Baiona organiza a primeira edición do certame "Os Bardos", unha iniciativa coa que busca premiar a mellor canción do ano en lingua galega con 600 euros e cunha actuación durante o verán na vila.
Fonte: Faro de Vigo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Concello de Baiona organiza a primeira edición do certame "Os Bardos", unha iniciativa coa que busca premiar a mellor canción do ano en lingua galega con 600 euros e cunha actuación durante o verán na vila.
Fonte: Faro de Vigo
O centro histórico de Talín, capital de Estonia, albergará un novo centro de lingua e cultura estonianas que permitirá que as persoas que non falan este idioma poidan desenvolver as súas destrezas orais e escritas co fin de integrarse mellor na vida do país báltico.
Fonte: ERR
Entre os meses de xaneiro e abril, once poboacións de Cataluña acollerán as actividades organizadas no marco da terceira edición de “Un día de festa”, un programa itinerante de cinema familiar, música e teatro en catalán.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG) presentaron Antroponimia e lexicografía, un estudo que sinala, por exemplo, que en Galicia hai 21 100 apelidos cun único portador; que Rodríguez é o máis común na nosa comunidade; ou que Láncara, Sanfíns, Miñor, Santradán ou Manselle están en perigo de extinción.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Goberno de Aragón e a Comarca do Sobrarbe convocan a segunda edición do premio “Espiello Agora x l´aragonés”, ao que se poden presentar películas gravadas, dobradas ou subtituladas nesta lingua.
Fonte: Radio Huesca
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua solicitoulle ao Concello de Oleiros que modifique a súa relación de postos de traballo, aprobada recentemente, para que inclúa a praza de técnico/a de normalización lingüística e darlle así estabilidade a este servizo que leva dez anos en funcionamento.
Fonte: CTNL
Membros da comunidade de falantes de gaélico da Illa de Man denunciaron a publicación dun artigo nun xornal británico que aseguraba a extinción da súa lingua.
Fonte: IOM Today
Co pretexto do Ano Internacional das Linguas Indíxenas proclamado pola Organización das Nacións Unidas, o Goberno de Paraguai anunciou a aplicación dun programa de divulgación e preservación das súas 19 linguas indíxenas.
Fonte: Télam
Segundo o estudo realizado pola lingüista de Nova York Juliette Blevins sobre a orixe do éuscaro, este non é un idioma illado como supuñan moitos especialistas, senón que garda unha "distante relación xenética" co protoindoeuropeo.
Fonte: La Vanguardia
O terceiro volume desta revista, impulsada polo Departamento de Filoloxía Galega, inclúe cinco traballos sobre temas variados, como o conflito lingüístico na educación, a mitoloxía clásica na literatura galega, o ensino de galego como lingua estranxeira, a obra poética de Johán Carballeira e a fala dialectal do Morrazo.
Fonte: Universidade de Vigo
Subscríbase ao boletín