Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de xaneiro de 2019

    O Termcat elaborou a versión catalá de dúas normas técnicas, unha relativa á xestión de recursos humanos e outra que se refire á xestión de riscos, que servirán para promover o uso do catalán no ámbito da empresa.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    21 de xaneiro de 2019

    Os premios, convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, están destinados aos centros de ensino públicos para que participen en proxectos educativos de innovación en dinamización lingüística durante o curso académico 2018-2019.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    21 de xaneiro de 2019

    Un grupo de institucións europeas vinculadas ás linguas minoritarias, entre as que se encontra a Real Academia Galega, impulsará a creación dunha rede para fomentar o coñecemento e o respecto á diversidade lingüística do continente.

    21 de xaneiro de 2019

    A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca axudas dirixidas á creación de obras audiovisuais, en versión orixinal en lingua galega, para o ano 2019.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    21 de xaneiro de 2019

    A Fundación puntCAT destinará 160 000 euros para proxectos dixitais que teñan como obxectivo promover a cultura e a lingua catalás en internet e nas novas tecnoloxías da información.

    Fonte: El Nacional

    18 de xaneiro de 2019

    As estatísticas realizadas en varios países do mundo revelan que as familias cuxos integrantes falan unha lingua diferente á cultura de acollida teñen moitas dificultades para que as novas xeracións sexan competentes neste idioma. 

    Fonte: The Economist

    18 de xaneiro de 2019

    Un profesor da Universidade de Copenhague revelou que unhas 12000 palabras da lingua dinamarquesa son de orixe inglesa, un 10 % do total.

    Fonte: CPH Post

     

    18 de xaneiro de 2019

    Gurot é un xogo en liña, estilo Trivial, destinado a mozas e mozos de entre 12 e 17 anos que ten como obxectivo promover a utilización do éuscaro entre a xente nova. Ofrece preguntas sobre cultura vasca clasificadas en diferentes temas: sociedade, natureza, idioma, arte, cultura, ciencia, deportes e lecer.

    Fonte: Deia

    18 de xaneiro de 2019

    O Instituto de Estudos Cataláns (IEC) publicou en liña unha versión reducida e adaptada da Gramática da lingua catalá co obxectivo de facilitar o coñecemento da normativa gramatical deste idioma. Está estruturada en 32 capítulos e inclúe un glosario de 568 termos. Proximamente incorporará audios que permitirán escoitar os exemplos dos contidos fonéticos e fonolóxicos.

    18 de xaneiro de 2019

    O Instituto Nacional de Linguas de Luxemburgo cumpre dez anos e segue a promover o ensino e a aprendizaxe das linguas oficiais do Gran Ducado (luxemburgués, alemán e francés) e outras como o portugués ou o inglés.

    Fonte: RTL

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder