Un programador nixeriano crea unha plataforma en liña baseada en intelixencia artificial que permitirá traducir máis de 2000 linguas, facilitando así a comunicación de millóns de persoas do continente africano.
Fonte: Face2Face Africa
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un programador nixeriano crea unha plataforma en liña baseada en intelixencia artificial que permitirá traducir máis de 2000 linguas, facilitando así a comunicación de millóns de persoas do continente africano.
Fonte: Face2Face Africa
A cidade chinesa de Xangai acollerá a primeira Mostra de Cinema en Lingua Portuguesa que promoverá a cultura lusófona con filmes portugueses, brasileiros e caboverdianos.
Fonte: Sapo 24
O Ministerio de Educación do Perú oficializou o alfabeto da lingua asheninka, idioma amazónico falado nos departamentos de Pasco, Ucayali, Huánuco e Junín.
Fonte: Radio Nacional
Aragón TV estrea Charrín Charrán, o seu primeiro programa en aragonés, que ofrecerá reportaxes e entrevistas sobre diferentes temas sociais e culturais da comunidade. Ademais, o programa disporá da opción de podelo seguir en castelán, a través dos subtítulos para persoas xordas.
Fonte: AraInfo
O Correlingua arrincou o xoves 2 de maio en Cangas do Morrazo a súa edición de 2019 con 18 000 inscritos de máis de 200 centros educativos de toda Galicia. O lema deste ano é "O galego é a fórmula", unha referencia á ciencia, o fío condutor desta edición.
Fonte: La Opinión
A Academia da Lingua Asturiana continúa a demandar a oficialidade do asturiano e amósase esperanzada polo incremento do apoio a esta causa. Por exemplo, consideran un dato moi positivo que, segundo as estatísticas, o 70 % da mocidade é favorable a esta demanda.
Fonte: La Nueva España
O Concello de Pontevedra presentou a nova edición do programa Maio, mes da lingua, que inclúe diversas actividades como música, teatro, cinema, andainas, xogos, obradoiros etc.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A lonxa de Burela foi o escenario da presentación do proxecto Peque Peixe, unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, destinada a formar os nenos e nenas de 3 a 15 anos na terminoloxía mariñeira e pesqueira en galego.
O proxecto Enreguéifate, un certame de regueifas impulsado polos concellos de Ames, Santiago e Teo para fomentar o emprego do galego a través da improvisación oral en verso, abre ata o 10 de xuño o seu prazo de inscrición para a presentación de vídeos.
Fonte: Concello de Ames
A Festa da Lingua celebra en Caldas a súa décima edición, organizada pola coordinadora comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega Terras do Umia, na que están incluídos centros educativos dos concellos de Barro, Caldas, Cuntis, Moraña e Portas.
Fonte: Faro de Vigo
Subscríbase ao boletín