Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de maio de 2019

    A Cidade da Cultura de Galicia súmase á celebración do Día das Letras Galegas cunha lectura participativa e polas redes sociais, o mesmo 17 de maio, de obras do homenaxeado neste 2019, Antonio Fraguas (Cerdedo, 1905 –Santiago de Compostela, 1999).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    08 de maio de 2019

    O Festival Arte pola Igualdade nas Letras Galegas, impulsado polas consellerías de Cultura e Turismo e de Educación, Universidade e Formación Profesional, chega á súa VIII edición para homenaxear nesta ocasión a Antonio Fraguas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    07 de maio de 2019

    Con motivo do Ano Internacional das Linguas Indíxenas, a Casa da Moeda de Australia acuña unha moeda para render homenaxe a 14 linguas aborixes faladas actualmente no país austral.

    Fonte: El Diario

    07 de maio de 2019

    O Ministerio de Cultura e Turismo de Bolivia presentou unha aplicación móbil que permite aprender cinco linguas indíxenas faladas no país andino: aimará, quechua, guaraní, trinitario e uru.

    Fonte: Prensa Latina

    07 de maio de 2019

    Co gallo da celebración do Día das Letras Asturianas, Oviedo acolleu unha manifestación convocada pola Xunta pola Defensa da Lingua a prol do asturiano á que acudiron centos de persoas.

    Fonte: La Nueva España

    07 de maio de 2019

    Fortifeble, Batalla Gramatical, é un xogo ao estilo battle royal destinado ao alumnado de secundaria para aprender gramática catalá. A aplicación xa está dispoñible para a súa descarga en iPhone e Android.       

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    07 de maio de 2019

    Un total de 556 persoas participaron en 2018 nos cursos de nivel inicial de catalán y nos de coñecemento da sociedade e o seu marco xurídico organizados polo Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL) e dirixidos a persoas estranxeiras inmigradas e a persoas reagrupadas.

    Fonte: RR. HH. Press

    07 de maio de 2019

    A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o secretario xeral de política Lingüística, Valentín García, entregaron o premio do Concurso-Exposición das Letras Galegas ao CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo), nun acto celebrado no propio centro educativo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    07 de maio de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu, no IES Lucus Augusti, ao acto de presentación do proxecto-homenaxe “Os nove anos de Fraguas en Lugo”.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    06 de maio de 2019

    O proxecto Kastanya.cat chega á súa cuarta edición e abre o prazo de inscrición ata o 31 de maio para que participen as formacións musicais que así o desexen, coa única condición de que os temas que interpreten estean en catalán ou occitano, xa que o obxectivo principal desta iniciativa é promover o uso destas dúas linguas a través da música.  

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder