O novo curso, denominado Ep! Escolta i Parla, foi creado pola Dirección Xeral de Política Lingüística, xunto co Consorcio para a Normalización Lingüística, e está dirixido a persoas que non poden utilizar a lingua escrita como base da súa aprendizaxe. A finalidade é dar resposta ao incremento de persoas non alfabetizadas ou con dificultades de aprendizaxe que queren aprender catalán.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega dos premios do 28º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía, que convoca o Concello de Arteixo co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Con motivo do encontro anual das Escolas Portuguesas no Estranxeiro (EPE) celebrado en Praia, Cabo Verde, o ministro de Educación de Portugal, Tiago Brandão Rodrigues, defendeu a importancia global da lingua portuguesa.
Fonte: Notícias ao Minuto
A plataforma Hand Talk, que permite traducir portugués á lingua de signos brasileira, recibiu un importante premio de Google, o Desafío Google de Impacto en Intelixencia Artificial (IA).
Fonte: Mundo Bit
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación do documental Revisitando a Antonio Fraguas, un proxecto audiovisual dirixido por Gonzalo Veloso que apoia a Consellería de Cultura e Turismo no marco da programación institucional Letras Galegas 2019 da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Goberno de Ontario (Canadá) destinará case 20 millóns de dólares a iniciativas e proxectos que teñan como obxectivo o desenvolvemento dun ensino francófono de calidade.
Fonte: Ontario News
A Mesa pola Normalización Lingüística, representada pola directora de Abertos ao galego, Celia Armas, participou no Foro Rexional Europeo para as Minorías organizado pola ONU en Bruxelas. O tema do evento foi Educación, Linguas e os Dereitos Humanos das Minorías.
Fonte: Sermos Galiza
O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña abriu o prazo de solicitude das axudas para a promoción do catalán por parte de asociacións sen ánimo de lucro. Cun importe total de 710 000 euros, están destinadas tamén ao desenvolvemento de proxectos que incorporen o catalán en produtos tecnolóxicos e á tradución de obras non literarias ao catalán.
A Consellería de Cultura e Turismo convocará cinco bolsas de formación en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas de universidades do Brasil, Portugal, Italia, Alemaña e Croacia por un importe de 238 595,40 euros para un período de tres anos.
Fonte: Galicia Confidencial
O emprego da lingua valenciana, segundo a última Enquisa do Uso Social do Valenciano da Consellería de Educación, vai a máis nas redes sociais, coa provincia de Castelló á fronte deste uso na última década cunha porcentaxe do 51 %. Os datos revelan ademais que o 37,7% de castellonencos se comunica en castelán en Facebook, Twitter e Whatsapp, un 3,6 % noutras linguas e a un 7,3 % élle indistinto.
Boletín
Subscríbase ao boletín


