Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de agosto de 2026

    O portal en liña Diccionari.cat recibe arredor de sete millóns de usuarios cada ano. As consultas están motivadas principalmente por dúbidas ortográficas, termos pouco frecuentes e palabras relacionadas coa actualidade como Déu-n’hi-dobadarcompte e biaix.

    14 de agosto de 2026

    A edición en catalán da Wikipedia acaba de superar os 800 000 artigos, coincidindo co 25.º aniversario da súa creación. A enciclopedia colaborativa mantén así a súa posición entre as vinte edicións con maior número de artigos e destaca tamén pola calidade dos seus contidos. O proxecto conta cunha comunidade de persoas voluntarias que se encargan de crear, revisar e actualizar os artigos.

    Fonte: Diari de la Llengua

    14 de agosto de 2026

    O Goberno francés permitirá que o alumnado da Cataluña Norte poida realizar en catalán un dos exames de especialidade do bacharelato e que o diploma inclúa a mención desta lingua. A medida entrará en vigor en 2028, unha vez que o alumnado que comece primeiro de bacharelato o vindeiro curso complete os estudos.

    Fonte: Diari de la Llengua

    14 de agosto de 2026

    A Casa das Linguas da Universidade da Rioxa abriu un prazo extraordinario de inscrición para os cursos de inglés, francés, alemán, italiano e chinés do curso 2026-2027. A oferta complétase con clubs de conversa, lectura e cinema en inglés e francés. Os cursos están abertos a calquera persoa maior de 15 anos ou que estea matriculada en 4º da ESO, ademais da comunidade universitaria.

    Fonte: Universidad de la Rioja

    14 de agosto de 2026

    A Xunta de Galicia vén de conseguir o compromiso do Ministerio de Educación do Goberno de España de manter o ensino do galego no Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres. O subsecretario de Educación, Formación Profesional e Deportes, Santiago Roura, remitiu unha carta ao conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, na que indica que, de cara ao curso 2027/28, se sacará a concurso a praza dun docente “para a súa cobertura estable e definitiva”.

    14 de agosto de 2026

    As universidades de Coimbra e Politécnica de Macau reforzan a súa colaboración científica coa creación dun laboratorio conxunto dedicado ás Humanidades Dixitais e ás Ciencias da Linguaxe. A nova estrutura pretende impulsar proxectos de investigación e cooperación entre as dúas institucións, aproveitando as posibilidades das tecnoloxías dixitais para estudar a linguaxe e o patrimonio cultural. A iniciativa contribúe tamén a estreitar os vínculos académicos entre Portugal e Macau.

    14 de agosto de 2026

    A prefectura dos Pireneos Atlánticos recorreu as decisións dos concellos de Sara e Baiona que recoñecen o éuscaro e, no caso de Baiona, tamén o gascón como "linguas do territorio". O Goberno francés argumenta que a Constitución establece o francés como lingua da República e considera que estas declaracións poderían achegarse a unha situación de cooficialidade. Baiona, pola súa banda, defende que a súa decisión é de carácter político e programático e que non modifica o funcionamento administrativo do concello. O caso deberá ser agora analizado polo Tribunal de Pau.

    14 de agosto de 2026

    Arrincou a Feira do Libro de Viveiro con preto de medio cento de actividades nos xardíns de Noriega Varela deste municipio da mariña lucense. Trátase da undécima das citas do circuíto que a Xunta de Galicia impulsa en colaboración coa Federación de Librarías de Galicia, e que está a percorrer 13 municipios galegos este verán dando lugar a máis de 80 días de actividade cultural.

    Fonte: Cultura de Galicia

    13 de agosto de 2026

    O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, salientou o valor de iniciativas como os Premios Alecrín na difusión da cultura e tradicións galegas e no reforzo dos lazos coa colectividade galega en Cataluña.

    Así o sinalou no acto de entrega destes recoñecementos, impulsados pola Federación de Entidades Galegas de Cataluña (Fegalcat) e que poñen en valor a traxectoria de persoas e entidades de diferentes ámbitos a prol da idiosincrasia galega.

    13 de agosto de 2026

    Google presentou SL2T, un modelo de intelixencia artificial capaz de interpretar xestos e expresións da linguaxe de signos e convertelos en texto. A tecnoloxía está concibida como unha alternativa aos sistemas de ditado por voz nos teléfonos móbiles e podería facilitar a comunicación escrita ás persoas xordas ou con dificultades para utilizar a voz.

    Fonte: Infobae

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder