Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de agosto de 2026

    O poemario Infelices aves, de Xosé Luís Mosquera Camba, foi escollido como gañador da primeira edición do Certame de Poesía Batallón Literario da Costa da Morte, convocado polo Concello de Cee en colaboración co propio colectivo literario. O premio, dotado con 3000 euros e a publicación da obra, recibiu 60 propostas. 

    Fonte: Cultura galega

    07 de agosto de 2026

    Os primeiros resultados dunha tese da filóloga Sílvia Rovira, da Universidade de Barcelona, revelan que a mocidade de Andorra está a perder a distinción fonética entre as vogais abertas e pechadas do catalán. O estudo, baseado en entrevistas a máis de setenta persoas de todas as idades e parroquias do país, apunta a que este cambio se debe principalmente á evolución interna da lingua e non á influencia do castelán ou do francés.

    07 de agosto de 2026

    O Observatorio do Teatro Galego concedeu o premio Xosé Manuel Olveira "Pico" ao actor Luís Iglesia polo seu labor escénico en relación coa oralidade galega, así como a súa coherencia e constancia na defensa da lingua galega.

    Fonte: Cultura galega

    04 de agosto de 2026

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no acto de entrega de premios da VI edición do Torneo de Baloncesto 3x3 de Cangas, no que participaron case 300 deportistas e 70 equipos.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    04 de agosto de 2026

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na rolda de prensa na que se deu a coñecer o cartel da L Festa da Empanada da Bandeira, que se celebrará do 20 ao 23 de agosto.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    04 de agosto de 2026

    O Goberno vasco destinará 37,53 millóns de euros aos euskaltegis privados e aos centros homologados de autoaprendizaxe durante o curso 2026-2027. As axudas financiarán as distintas modalidades formativas entre outubro de 2026 e setembro de 2027, de acordo coa actividade desenvolvida e coa calidade do ensino. A convocatoria procura reforzar unha rede esencial para ampliar o coñecemento e o uso do éuscaro entre a poboación adulta.

    04 de agosto de 2026

    Durango acollerá do 13 ao 16 de agosto a décima Feira das Linguas Indíxenas Nacionais, dedicada ás nove linguas da rexión etnolingüística Baixío-Pacífico. Baixo o lema «Voces de resistencia e identidade», a cita combinará conferencias, obradoiros, cinema, poesía, expresións artísticas e mostras culturais. O encontro procura dar visibilidade á diversidade lingüística, promover os dereitos dos pobos indíxenas e apoiar as iniciativas comunitarias para revitalizaren e transmitiren os seus idiomas.

    04 de agosto de 2026

    Estrasburgo acollerá o 18 de setembro o concerto KCANTÀ, unha cita que reunirá artistas de distintas rexións francesas para celebrar a diversidade lingüística a través da música. O programa dará voz a idiomas como o bretón, o alsaciano, o occitano ou o éuscaro co obxectivo de reivindicar estas linguas como un patrimonio vivo, creativo e estreitamente vencellado á identidade dos territorios.

    04 de agosto de 2026

    Plataforma per la Llengua presentou alegacións á reforma do sistema MIR para que o coñecemento das linguas cooficiais se valore como mérito nas prazas sanitarias dos territorios onde se falan. A entidade propón, ademais, que o persoal residente sen competencia suficiente reciba formación obrigatoria durante a xornada laboral e alcance un nivel básico no primeiro ano. A organización sostén que garantir a atención na lingua das persoas usuarias mellora a calidade asistencial, a seguridade clínica e o respecto dos dereitos lingüísticos.

    04 de agosto de 2026

    A Xunta aceptou financiar durante o curso 2026/27 o salario e a residencia do profesorado de galego no Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, mais condicionou a medida á sinatura dun convenio co Goberno central. O acordo deberá garantir por escrito a continuidade da materia, mentres o Ministerio procura unha fórmula estable para cubrir a praza a partir de 2027/28.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder