A Unesco aprobou oficialmente a designación do 9 de febreiro como Día Mundial da Lingua Grega, coincidindo co aniversario do pasamento de Dionysios S
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O estudo realizado en Tolosa en 2024 confirma que a metade das conversas nas rúas son en éuscaro, o que significa que esta lingua mantén unha tendencia estable de revitalización. A medición mostrou que este idioma supera o castelán por sexto ano consecutivo, especialmente entre a mocidade e a infancia. Desde 1985, o seu uso aumentou máis de 20 puntos e é a lingua principal nas rúas da cidade.
O Concello de Pamplona e a Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia asinaron un convenio polo que se lle concederán 12.000 euros para apoiar o asesoramento lingüístico e a difusión das publicacións da institución no ano 2025. A axuda destinarase ao mantemento da delegación en Pamplona e a prestación de servizos, así como á organización de actividades culturais e formativas en éuscaro.
O Validatón 2025 pechou a súa segunda edición cun balance positivo, pois supuxo a revisión de 10 000 fragmentos de audio e a creación de 1920 frases para a plataforma Common Voice. Organizada polo ILG e Proxecto Nós, a actividade contou coa participación de estudantes da USC e premiou os mellores en tres categorías. Este evento contribúe á creación dun corpus público de voz en galego, clave para o desenvolvemento de tecnoloxías de recoñecemento de fala.
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou as bases de subvencións dirixidas ás entidades culturais sen fins de lucro para as actividades de dinamización da lingua galega do ano 2025. Estas axudas teñen como obxectivo impulsar o seu uso no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores con repercusión social.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou a programación que a Xunta leva a cabo, en colaboración coa empresa galega láctea Feiraco, integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN, para conmemorar as Letras Galegas e que, este ano, contará como novidade coa posta en marcha dunha academia virtual de música tradicional, ademais do xa tradicional Certame de Microrrelatos.
O Comité Económico e Social Europeo (CESE) aprobou o uso do galego, catalán e éuscaro nas súas sesións plenarias, o que lles permitirá aos representantes españois empregar estas linguas cooficiais nas súas intervencións. Esta medida, celebrada polo Goberno español, busca achegar as institucións europeas á cidadanía e recoñecer a diversidade lingüística de España.
Segundo a Axencia para o Desenvolvemento do Emprego de Luxemburgo (ADEM, polas súas siglas en francés) e a plataforma Moovijob, dous de cada tres empregos en Luxemburgo requiren o dominio do francés. A lingua converteuse nun filtro decisivo en sectores como a banca, o dereito, a tecnoloxía ou o comercio.
Fonte: Contacto
As cooperativas de Lea Artibai e Busturialdea reuníronse en Euskoopaldia, un encontro destinado a compartir experiencias sobre cooperativismo e a promover o uso do éuscaro no ámbito socioeconómico. Durante a xornada abordaron retos comúns, coñeceron os proxectos de cada entidade e reforzaron a colaboración mutua, ao tempo que amosaron o seu compromiso coa normalización lingüística nas súas comarcas.
A Área de Normalización Lingüística reactiva o plan de madriñas e padriños “galego de tranquis” co obxectivo de poñer en contacto persoas que queren comezar a falar ou escribir en galego con outras que xa o dominan e queren axudar no proceso de aprendizaxe (madriñas e padriños).
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín


