Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de xullo de 2025

    A Xunta volveu apoiar unha nova edición dos Premios Lois Peña Novo, galardóns que van pola súa vixésimo novena edición e que son concedidos anualmente pola fundación homónima co obxectivo de recoñecer o labor de persoas, entidades e empresas que traballan a prol da lingua galega no ámbito das administracións públicas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    09 de xullo de 2025

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na entrega de premios do XIII Certame Microrrelatos de Feiraco, onde agradeceu a implicación desta entidade na promoción e divulgación da lingua galega, “que contribúe a que sexa maior o seu uso e prestixio”.

    08 de xullo de 2025

    A Consellería de Educación do Goberno de Asturias quere implantar o ensino da lingua asturiana no segundo ciclo de infantil para o curso que entra.

    Fonte: La Nueva España 

    08 de xullo de 2025

    O Departamento de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña abriu por primeira vez unha liña de axudas para promocionar a subtitulación de longametraxes en catalán nas salas comerciais de cinema.

    Fonte: Generalitat de Cataluña 

    08 de xullo de 2025

    O Concello de l'Eliana completou un curso de linguaxe administrativa en valenciano para mellorar a competencia lingüística do seu persoal e garantir unha comunicación máis clara e axustada á normativa. A formación combinou sesións presenciais e traballo en liña e estivo centrada na redacción de documentos oficiais ou o uso correcto da linguaxe xurídica e institucional.

    08 de xullo de 2025

    A asociación Axuntar denuncia que o Goberno do Principado de Asturias, co asesoramento da Academia da Llingua Asturiana, pretende substituír o nome “galego-asturiano” por “eonaviego”, termo sen respaldo legal nin aceptación social.

    Fonte: Nós Diario

    08 de xullo de 2025

    Un estudo elaborado na Universidade da Columbia Británica, no Canadá, revelou que as políticas de revitalización e recuperación das linguas nativas non só axudan a preservar a identidade cultural senón que ademais poden influír positivamente na cohesión social e na saúde mental dos seus falantes.

    Fonte: Diari de la Llengua 

    08 de xullo de 2025

    A evolución dos nomes en Galicia ao longo das últimas décadas revela profundas transformacións culturais, sociais e lingüísticas. Os nomes tradicionais compostos foron desaparecendo progresivamente en favor de opcións máis curtas, modernas e diversas, incluíndo hipocorísticos e formas propias do galego. Esta tendencia reflicte unha sociedade máis globalizada, pero tamén máis consciente da súa identidade e pluralidade.

    08 de xullo de 2025

    Seis docentes xubilados do colexio Riomaior manteñen viva a súa paixón pola lingua galega cun proxecto literario colectivo, no que cada semana escriben relatos breves a partir dun reto creativo. Con máis de vinte libros autoeditados, este grupo converteu unha tradición entre amizades nun espazo de expresión, memoria compartida e compromiso coa creación en galego.

    08 de xullo de 2025

    O primeiro ministro da India, Narendra Modi, anunciou unha nova política institucional para potenciar o uso do hindi en todo o país co fin de axudar a unificar as diversas rexións indias. Porén, a proposta ten suscitado críticas entre os falantes doutros idiomas estatais que temen que esta medida poida ter un impacto na diversidade lingüística e cultural.

    Fonte: New York Times 

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder