A Xunta volve apoiar a celebración do festival Abride a fiestra que se celebrará, o vindeiro 13 de xullo, na Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón, nunha edición que se suma á homenaxe das Letras Galegas deste ano ás cantareiras e á cultura popular galega, “fonte e inspiración indiscutible na creación da nosa escritora máis universal”. Así o salientou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, na presentación da programación do certame.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Xunta volve apoiar unha nova edición do certame de teatro Festivalle, que se dedica en exclusiva a obra, figura e legado de Ramón María del Valle-Inclán e que, neste 2025, se suma á celebración do Ano Castelao “para difundir e dar a coñecer a estreita relación persoal e artística entre ambos”. Así o explicou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, na presentación da programación, que se desenvolverá, do 8 ao 11 de xullo, na localidade pontevedresa de Vilanova de Arousa.
O Diario Oficial de Galicia publicou recentemente a nova convocatoria de subvencións para a produción de audiolibros e de libros en lectura fácil, dúas liñas de axudas ás que se destinan 150.000 euros con carácter plurianual para 2025 e 2026 e que inclúe 70.000€ para este exercicio e 80.000€ para o vindeiro ano 2026.
Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia apostan polos sons máis atractivos e actuais coa presentación dunha nova cita en Santiago de Compostela: o Festival Lingua Urbana, que celebrará a súa primeira edición na Cidade da Cultura a finais deste verán. Así o presentou en rolda de prensa o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, nun acto no que estivo acompañado pola directora xeral de Xuventude, Lara Meneses.
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiron á entrega do Premio Trasalba, que este ano rendeu homenaxe á editorial Galaxia. No acto presentouse o libro Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia, a cargo de Xesús Alonso Montero.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Calp activou novas canles oficiais en WhatsApp e Telegram para informar a veciñanza e visitantes sobre novidades, avisos e eventos. As persoas interesadas poden subscribirse e escoller entre tres idiomas: castelán, valenciano ou inglés. Esta medida pretende facilitar o acceso á información pública e actuar con axilidade en situacións de urxencia.
O Instituto Confucio da Universidade Ricardo Palma abriu en Cusco o seu primeiro centro de ensino de chinés, nun esforzo por afondar os vínculos culturais e educativos entre Perú e China. Con actividades que combinan tradicións asiáticas e andinas, máis de 50 persoas estudan lingua e cultura chinesas nun centro que tamén ofrecerá cursos adaptados ao turismo co obxectivo de reforzar a preparación local para acoller visitantes chineses.
No marco do Día da Aceptación Universal, celebrouse en Asunción unha xornada pioneira centrada na inclusión do guaraní no ámbito dixital. A iniciativa, impulsada polo NIC.PY e a ICANN, puxo en valor a necesidade de garantir que os dominios e correos electrónicos funcionen correctamente en calquera lingua. A xornada abordou retos técnicos e culturais para incorporar o guaraní nas plataformas dixitais como acto de inclusión e recoñecemento lingüístico.
O Concello de Alacant aprobou unha proposta para deixar de formar parte da zona de predominio lingüístico valenciano, decisión que agora debe ratificar o Parlamento autonómico. A medida xerou forte rexeitamento social e mobilizacións cidadás, ao considerar que supón un retroceso na presenza do valenciano na escola e na vida pública.
O proxecto «Receptes per la llengua», impulsado en Canet de Mar, combina gastronomía e aprendizaxe do catalán como ferramenta de integración e cohesión social. A través dun obradoiro de conversa, persoas de diversas orixes culturais compartiron receitas e experiencias, convertendo a cociña nun espazo de encontro e recoñecemento mutuo. O resultado é un receitario multilingüe que celebra a diversidade e pon o catalán como lingua común para convivir e construír comunidade.
Boletín
Subscríbase ao boletín

