Seis docentes xubilados do colexio Riomaior manteñen viva a súa paixón pola lingua galega cun proxecto literario colectivo, no que cada semana escriben relatos breves a partir dun reto creativo. Con máis de vinte libros autoeditados, este grupo converteu unha tradición entre amizades nun espazo de expresión, memoria compartida e compromiso coa creación en galego.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O primeiro ministro da India, Narendra Modi, anunciou unha nova política institucional para potenciar o uso do hindi en todo o país co fin de axudar a unificar as diversas rexións indias. Porén, a proposta ten suscitado críticas entre os falantes doutros idiomas estatais que temen que esta medida poida ter un impacto na diversidade lingüística e cultural.
Fonte: New York Times
O Concello de Valencia anunciou que xa recibiu o informe que avala o cambio de denominación oficial da cidade. Agora pasaría a chamarse Valéncia-Valencia.
Fonte: Diari de la Llengua
Un informe elaborado pola oficina da comisaria da Lingua Galesa revelou que o uso desta lingua é moi desigual entre as persoas novas xa que, en xeral, non optan por empregar a lingua vernácula nas súas interaccións sociais fóra da escola e tampouco nas redes sociais.
O 7 de xullo celébrase o Día Mundial do Kiswahili, recoñecido pola Unesco como a primeira lingua africana con día internacional propio. Con máis de 200 millóns de falantes, o kiswahili representa un símbolo de identidade, cohesión e diversidade cultural no continente africano e fóra del. O seu uso esténdese á educación, á diplomacia e á integración rexional, reforzado por unha historia rica en influencias bantús e árabes.
A Deputación da Coruña vén de conceder 13 axudas por valor de 146.368,91 euros a produtoras audiovisuais sen ánimo de lucro para promover a exhibición e distribución de obras en galego en 2025. Este programa busca reforzar a presenza da lingua e da cultura galegas no ámbito audiovisual e apoiar o talento creativo da provincia.
A Deputación da Coruña reuniu no Pazo Provincial as 20 empresas beneficiarias do I Fondo de apoio a proxectos culturais singulares, que reparte case 300 000 euros para iniciativas en galego con impacto social. O programa promove propostas centradas na igualdade, diversidade, memoria ou identidade local, e busca achegar a cultura á cidadanía desde enfoques comprometidos co territorio.
A petición de España para que o galego, o catalán e o éuscaro sexan linguas oficiais na Unión Europea volverá tratarse o 18 de xullo no Consello de Asuntos Xerais. Aínda que varios estados apoiaron a proposta, outros seguen a mostrar reservas políticas, legais e económicas, malia o compromiso de España de asumir todos os custos e aplicar a medida de xeito progresivo a partir de 2027. A unanimidade segue a ser requisito imprescindible para a aprobación.
A asociación Culture Vannin puxo en marcha unha serie de subvencións destinadas a proxectos que axuden a promocionar o uso do gaélico da Illa de Man.
Fonte: Isle of Man Today
O Departamento de Sanidade da Generalitat de Cataluña presentou un novo curso de acollemento en lingua catalá destinado a persoal sanitario que se incorpore ao sistema de saúde en Cataluña.
Fonte: Diari de la Llengua
Boletín
Subscríbase ao boletín
