A aprobación da Lei de lingua propia e oficial en Andorra propiciou un claro incremento do número de persoas nos cursos e centros de autoaprendizaxe de catalán, así como no que atinxe ás parellas lingüísticas.
Fonte: Diari de la Llengua
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A aprobación da Lei de lingua propia e oficial en Andorra propiciou un claro incremento do número de persoas nos cursos e centros de autoaprendizaxe de catalán, así como no que atinxe ás parellas lingüísticas.
Fonte: Diari de la Llengua
A Obra Cultural Balear (OCB) e a Asemblea de Docentes puxeron en marcha campañas para promover a elección do catalán como lingua de ensino nas Illas Baleares, coincidindo co proceso de matriculación para o curso 2025-2026. Co lema “Tria catalán” quérese salientar a importancia de comezar o proceso educativo na lingua propia do país, destacando os beneficios para a cohesión social e a igualdade de oportunidades. As campañas inclúen material informativo dirixido ás familias para sensibilizalas sobre os efectos positivos da educación en catalán.
O Diccionari de la transició energètica, elaborado polo TERMCAT co asesoramento de expertos en enerxía e cambio climático, inclúe 551 termos clave sobre a transición enerxética cos que busca garantir a precisión terminolóxica e promover o uso do catalán neste ámbito estratéxico.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Universidade da Coruña organizou unha actividade no campus de Elviña no marco do proxecto “O campus nomeado”, que busca recuperar e poñer en valor a toponimia tradicional da zona. O percorrido incluíu lugares como A Cortiña, As Carballeiras e O Souto e contou coa colaboración das asociacións veciñais.
A escritora Berta Dávila recibiu o Premio Ostana Scritture in lingua madre 2025 na categoría Giovani polo seu compromiso co galego. Deste xeito, convértese na cuarta persoa distinguida en representación desta lingua tras Manuel Rivas, Craig Patterson e Alfredo Conde.
Fonte: Culturagalega
A rede de escolas en catalán La Bressola, da Cataluña Norte, asegurou a súa continuidade para o próximo curso grazas ás achegas extraordinarias de administracións, institucións e a sociedade civil. En total recadáronse 710 000 euros, o que permitiu que o prezo da matrícula aumentase tan só un 10 %.
Fonte: Diari de la Llengua
O filme Runa Simi, de Alberto Zegarra, foi recoñecida en Nova York co galardón ao mellor director novel. A cinta narra a historia de Fernando Valencia, un locutor de radio, e o seu periplo para traducir ao quechua a produción d'O rei León.
Fonte: Forbes Perú
Este convenio ten como obxectivo fomentar o uso do catalán entre a mocidade de Barcelona. Conta cun orzamento total de 1 630 493 euros e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2026. As accións principais inclúen a creación de ferramentas formativas, a sensibilización de profesionais do ocio educativo e o desenvolvemento de campañas para promover esta lingua entre este colectivo.
O director xeral de Euskarabidea, Javier Arakama, presentou convenios de colaboración con tres entidades navarras de desenvolvemento: TEDER, Consorcio de Zona Media e Cederna-Garalur. O obxectivo é contratar axentes de promoción do éuscaro e implementar un programa de actividades en 2025 para mellorar os dereitos lingüísticos da cidadanía.
Takekazu Asaka presentou en Cambados a súa tradución ao xaponés de Samos, a última obra de Ramón Cabanillas. O académico continúa así achegando o legado literario do poeta galego á cultura nipoa, desta vez cos versos dedicados ao mosteiro onde Cabanillas atopou consolo tras a morte da súa muller e un fillo.
Subscríbase ao boletín