O secretario xeral da Lingua, Valentín García, recibiu hoxe no pazo de San Roque a 14 alumnos, estudantes de galego, do instituto Cañada Blanch de Londres que veñen de percorrer Galicia durante esta semana, acompañados por dous docentes. A visita enmárcase na iniciativa Viaxe da Lingua, posta en marcha pola Xunta a través das secretarías xerais da Lingua e da Emigración.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Máis de 300 escolares de primeiro e segundo de Educación Secundaria participaron na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, na gala de clausura da primeira edición do programa radiofónico “Fala que fala”, organizado por Radio Líder co apoio da Xunta “contribuíndo a incentivar a rapazada a incrementar o uso do galego nos seus espazos creativos e de lecer”, segundo o puxo en valor na súa intervención o secretario xeral da Lingua, Valentín García.
O deputado do Parlamento de Letonia, Aleksey Roslikov, foi expedientado por empregar a lingua rusa no transcurso dunha sesión parlamentaria. No seu discurso, quixo defender os dereitos da comunidade rusófona do país báltico.
Fonte: Mezha
Un acordo entre o Condado de Carmarthenshire e o Centro Nacional para a Aprendizaxe do Galés do País de Gales promoverá a aprendizaxe ou mellora do galés entre o profesorado ou outros cargos docentes.
Fonte: South Wales Guardian
O alumnado do Grao de Educación Primaria de Ourense levou a cabo o proxecto «Educar na diversidade, transformar a sociedade», centrado no fomento da comunicación en galego. A iniciativa, que se realizou en colaboración co CEIP Mestre Vide, consistiu en actividades como xogos, contacontos e dramatizacións, e tivo como obxectivo mellorar as competencias comunicativas dos futuros docentes.
Cada vez máis futbolistas do FC Barcelona usan o catalán en público, feito que contrasta co retroceso social da lingua en Cataluña. O club promove activamente o seu uso entre xogadores e xogadoras, ofrece formación voluntaria e integra o catalán como idioma oficial nas súas estruturas. Exemplos como Lamine Yamal ou Aitana Bonmatí teñen un forte impacto simbólico e educativo.
Nogueira de Ramuín considérase o berce dos afiadores ourensáns, un oficio que foi clave para a economía local e que deixou un importante legado cultural cunha linguaxe propia, o «barallete», que servía como código entre eles e que está en risco de perderse. O Concello quere preservar esta tradición, polo que está a impulsar a reedición dun libro de Santiago Bonay que recolle unha ampla recompilación de vocabulario e expresións deste oficio.
Sumar presentou no Congreso unha proposta para incorporar o asturiano ao currículo das Escolas Oficiais de Idiomas, co fin de promover unha maior diversidade cultural e lingüística no ensino. A iniciativa require a modificación do Real Decreto de 2017 para permitir a docencia e a certificación desta lingua en todo o Estado.
O Consello de Estado francés confirmou que a lingua corsa non poderá empregarse nos debates da Asemblea de Córsega, por considerar que contradí a obrigatoriedade legal do francés como única lingua oficial. A decisión xerou rexeitamento entre representantes políticos corsos, que reclaman unha modificación constitucional para recoñecer o corso como lingua cooficial na illa.
Fonte: Diari de la Llengua
Na Feira do Libro de Lisboa conmemoráronse os 40 anos de tradución ao portugués na UE cunha mesa redonda con tradutores que destacaron a importancia deste labor discreto pero fundamental para a comunicación e a proxección da lingua.
Fonte: Comissão Europeia
Boletín
Subscríbase ao boletín


