Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de marzo de 2025

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na presentación da oitava edición do festival Alguén que respira!, unha cita organizada co apoio da Xunta de Galicia para poñer en valor o talento dos creadores galegos e a calidade das letras galegas a través da poesía.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    11 de marzo de 2025

    O Goberno do Reino Unido puxo en marcha unha iniciativa que permite a todo o funcionariado acceder a formación gratuíta en lingua galesa a través da plataforma Civil Service Learning. Esta medida busca promover o uso do galés en todas as áreas gobernamentais e apoiar a visión do Goberno galés de acadar un millón de falantes de galés para o ano 2050.

    Fonte: Gov.uk

    11 de marzo de 2025

    A decisión do presidente dos Estados Unidos de declarar o inglés como lingua oficial dificulta o acceso a servizos esenciais para millóns de estranxeiros. Sen a obrigatoriedade de traducións ou asistencia noutras linguas, moitos migrantes atopan barreiras para xestionar trámites básicos.

    Fonte: El País

    11 de marzo de 2025

    O Diccionari general de l’esport actualizouse este ano con 208 termos novos, cos que alcanzou un total de 11 893, e a modificación de 88 termos xa existentes. Os novos termos proceden de diversas fontes e con eles búscase manter ao día a terminoloxía deportiva en catalán e garantir o acceso á súa consulta, tamén en liña.

    11 de marzo de 2025

    O Curso de redacción de documentos técnico-xurídicos en galego, organizado pola Escola Galega de Administración Pública, desenvolverase entre o 5 e o 19 de maio de 2025 na modalidade de teleformación.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    11 de marzo de 2025

    A Dirección Xeral de Cultura e Patrimonio Cultural realizou un estudo pioneiro que compara as linguas canarias antigas coas linguas amazigh do continente africano. A investigación analiza a toponimia amazigh das Canarias, especialmente os termos anatómicos relacionados co corpo humano, e revela vínculos históricos coas comunidades amazigh do norte de África.

    11 de marzo de 2025

    A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria para inscribirse nas probas que permiten obter os certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2 3 e 4. Os exames realizaranse en maio de forma presencial e simultaneamente en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid, cidade onde se retoma a súa realización despois de 11 anos.

    11 de marzo de 2025

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe en diversos actos incluídos na programación do Día do galego no Bierzo, no marco do protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Goberno castelán-leonés para potenciar os estudos da cultura e lingua galegas nos territorios limítrofes como son o Bierzo e Sanabria.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    10 de marzo de 2025

    A Secretaría de Cultura, Artes e os Patrimonios dos Pobos de Honduras (SECAPPH, polas súas siglas en español) está a impulsar iniciativas para preservar a gran riqueza lingüística deste país centroamericano.

    Fonte: Hondudiario

    10 de marzo de 2025

    En Francia, a lexislación actual prohibe o uso de caracteres propios das linguas rexionais nos nomes propios, o que afecta comunidades como a bretoa, occitana e catalá. Un grupo de deputadas e deputados solicita agora unha reforma legal para que os falantes doutras linguas rexionais francesas non vexan vulnerados os seus dereitos lingüísticos e culturais.

    Fonte: Diari de la Llengua

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder