O proxecto Éxodo, de Nitya López, recibiu a axuda do Festival FANT de Bilbao para a produción de curtametraxes en éuscaro, dotada con 5000 euros. Esta iniciativa, que celebra a súa segunda edición, reafirma o seu compromiso coa creación audiovisual nesta lingua no ámbito do cinema fantástico.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Parlamento de Galicia acordou por unanimidade solicitar que se permita empregar o galego no Parlamento Europeo, unha reivindicación que busca o seu recoñecemento oficial e o impulso do seu prestixio internacional.
Fonte: Galicia Press
A Xunta porá en marcha nas vindeiras semanas os cursos destinados a impulsar o coñecemento e emprego do galego entre as persoas procedentes de fóra de Galicia, un dos grupos de poboación nos que incide o paquete de medidas elaborado ao abeiro do Pacto pola Lingua co obxectivo de incentivar o uso social do idioma.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou en Pamplona na comisión de seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística subscrito polos gobernos de Galicia, Cataluña, Illas Baleares, Comunidade Valenciana, Comunidade Foral de Navarra e o País Vasco para establecer vías de colaboración entre os diferentes departamentos de política lingüística.
Con motivo do Día da Lingua Kurda, que se celebra o 15 de maio, diversas asociacións, partidos políticos e organizacións da sociedade civil lanzaron unha campaña para reclamar o recoñecemento do kurdo como lingua oficial e de ensino. Entre o 4 de maio e o 1 de xuño, están previstas numerosas actividades, como conferencias e marchas, co obxectivo de promover o uso do kurdo e resistir ás políticas de asimilación que ameazan a súa supervivencia.
A ferramenta NotebookLM de Google, que permite xerar podcasts a partir de documentos mediante intelixencia artificial, ampliou recentemente a súa funcionalidade Audio Overviews a máis de 50 idiomas, incluído o catalán. Esta expansión permite aos usuarios escoitar resumos conversacionais dos seus documentos en catalán, facilitando así o acceso a contidos personalizados e promovendo a diversidade lingüística na tecnoloxía.
O Concello de Pamplona destina 70 000 euros para axudas a persoas maiores de 16 anos empadroadas na cidade que desexen aprender ou perfeccionar o éuscaro. A convocatoria distingue entre cursos anuais e de verán e darase un máximo do 80 % do seu custo. Deben realizarse en centros homologados e requiren asistir, polo menos, ao 75% das clases.
Plataforma per la Llengua e o Consell de l’Advocacia Catalana impulsan a campaña «Defensem en català, defensem el català» para fomentar o uso habitual do catalán no ámbito xurídico. Pretenden garantir os dereitos lingüísticos, promover referentes profesionais e achegar o catalán ás facultades de Dereito, onde a súa presenza resulta escasa.
A Xunta de Galicia porá en marcha un selo de recoñecemento para impulsar o uso da lingua no ámbito socioeconómico. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, no Parlamento de Galicia, onde compareceu a petición propia no Pleno para informar sobre a folla de ruta do seu departamento nos vindeiros meses. Neste senso, explicou que as empresas comprometidas co galego terán vantaxe na concesión de axudas e nos procedementos do Executivo autonómico.
O portugués está a consolidarse como lingua de diálogo cultural no Xapón, onde xa se ensina en 20 universidades e conta con preto de 3.000 estudantes. Durante a Expo 2025 en Osaka, a ministra de Cultura de Portugal, Dalila Rodrigues, salientou a súa relevancia histórica, así como a colaboración entre o Instituto Camões e institucións xaponesas para reforzar os vínculos culturais.
Fonte: Dnoticias
Boletín
Subscríbase ao boletín



