Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de maio de 2014

    No 1949 da rúa Moreno de Buenos Aires está o Centro Lalín. Aquí todos os mércores, desde o 2009, fálase en galego. Un galego máis que correcto, matizado por un delicioso acento porteño. Os alumnos destes cursos agrupáronse baixo o nome de Terzo da Fala, con resonancias épicas e militares que lle sentan ben a este grupo entusiasta e reivindicativo.

    Fonte: La Voz de Galicia

    13 de maio de 2014

    A Liga Estudantil Galega organizou dous pousadoiros ou photocalls no campus de Pontevedra. Neles, convídase á comunidade universitaria a facer patente o seu apoio ao galego posando diante da cámara, cun lema reivindicativo nas mans, sobre un fondo no que se pode ler “A alma dun pobo é a súa lingua”.

    Fonte: Universidade de Vigo

    13 de maio de 2014

    AEK, EHE, IKA, NIE, Sortzen e AET, colectivos que conforman o Movemento Social do Éuscaro, reclamáronlle ao Concello de Pamplona que lle dea a esta lingua “a posición que merece na cidade” e que “invista con responsabilidade os recursos económicos dos pamploneses” para crear novos soportes en éuscaro.

    Fonte: Noticias de Navarra

    12 de maio de 2014

    O secretario xeral de Política Lingüística representou a Consellería de Cultura e Educación na inauguración do Festiletras 2014, unha celebración das Letras Galegas que se prolongará ata o próximo 18 de maio con múltiples e variadas actividades para diferentes públicos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    12 de maio de 2014

    Un grupo de rapaces e rapazas bolivianos está traducindo os contidos do Facebook ao idioma aimará, co fin de que este se converta nunha das linguas oficiais da rede social, informou o coordinador da comunidade virtual Jaqi-Aru, Rubén Hilari, responsable do proxecto.

    Fonte: Msn Notícias

    12 de maio de 2014

    A defensa do galego na xustiza será a encomenda dos 20 novos xuristas que ingresarán na Irmandade Xurídica Galega.

    Fonte: Galicia Confidencial

    12 de maio de 2014

    Unha serie animada ensinará os idiomas orixinarios de Bolivia a nenos e nenas en idade escolar. O actor Juan Carlos Aduviri e o animador Iván Castro realizan un proxecto que busca fomentar a aprendizaxe do aimará, o quechua e o guaraní a través da técnica da animación por computador.

    Fonte: La Prensa

    12 de maio de 2014

    A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística porá en marcha o proxecto Funil.gal, unha iniciativa que procurará dotar a lingua galega de novas ferramentas multimedia para o ámbito científico, inicialmente no ámbito da química e, en concreto, no terreo das prácticas de laboratorio nas tres universidades galegas.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    12 de maio de 2014

    O proxecto desenvolvido conxuntamente pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié foi escollido como un dos tres finalistas entre máis de corenta candidaturas.

    Fonte: Real Academia Galega

    12 de maio de 2014

    Cada vez son máis os navarros e navarras que saben éuscaro. O 11,7 % dos habitantes de 16 anos ou máis da Comunidade Foral é bilingüe (63 000 persoas) e un 7,5 % declárase bilingüe pasivo (entende o idioma pero non o fala), unhas porcentaxes que se incrementan de forma considerable entre a poboación máis nova.

    Fonte: Noticias de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder