Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de agosto de 2014

    Presentáronse en total de 118 traballos de investigación nas tres Universidades Indíxenas de Bolivia (Unibol), o 80 por cento escritos en mojeño, weenhayek, bésiro, guaraní, aimará e quechua; o resto, 20 por cento, en castelán.

    Fonte: Spanish.china.org.cn

    12 de agosto de 2014

    En Iucatán, a poboación de máis de tres anos que fala maia representa 537 618 habitantes, é dicir, o 98,66 % do total de falantes de linguas indíxenas na entidade.

    Fonte: Milenio

    12 de agosto de 2014

    O programa polo que a linguas rexionais foran introducidas como unha materia obrigatoria nas escolas de Khyber Pakhtunkhwa durante o último ano académico chegou a un punto morto.

    Fonte: Dawn

    12 de agosto de 2014

    A páxina web de Portugalete unicamente reflicte as bases dos concursos que se celebrarán durante as festas de San Roque en castelán. O PNV denunciou este xesto, “que amosa o escaso e nulo interese do equipo da Alcaldía pola utilización e promoción do éuscaro, e anunciou que levará a pleno esta situación”.

    Fonte: Deia

    12 de agosto de 2014

    Uns 30 000 universitarios utilizan a aplicación móbil da Secretaría de Universidades e Investigación da Generalitat para facilitar guías de conversa universitaria aos estudantes en nove idiomas.

    Fonte: Europa Press

    11 de agosto de 2014

    A elevada dispersión do hábitat galego provoca que só na comunidade se contabilicen case 30 000 entidades de poboación, practicamente a metade de todas as rexistradas en España. Por iso non resulta estraño que tamén os topónimos que máis se repiten ao longo de toda a xeografía sexan galegos e estean escritos no idioma de Rosalía. Ata o punto de que a estatística fai que de media cada municipio galego conte con dous lugares chamados A Igrexa.

    11 de agosto de 2014

    A música non é só un pasatempo entretido, senón unha fonte que pode achegar un notable desenvolvemento nas capacidades dos nenos para ler ou falar linguas estranxeiras. Así o demostra unha nova investigación levada a cabo por científicos estadounidenses na que participaron centos de nenos.

    Fonte: HispanTV

    11 de agosto de 2014

    No Perú son necesarios máis de 21 000 mestres con dominio de linguas indíxenas para atender un millón de escolares cuxa lingua materna non é o español, informou o goberno.

    Fonte: Panorama

    11 de agosto de 2014

    O presidente de Euskaltzaindia, Andrés Urrutia, aprecia, despois de mais de 30 anos de proceso de normalización do éuscaro, que a lingua vasca perde terreo no ámbito da transmisión familiar e gáñao no da transmisión formal a través da educación.

    Fonte: Deia

    08 de agosto de 2014

    O Diario Oficial de Galicia publica as resolucións polas que se adxudican as prazas nos centros de estudos galegos das universidades de Estremadura, Deusto, Barcelona, Complutense de Madrid e Granada en España; Cork en Irlanda; O Algarve e O Miño en Portugal e mais Padua e Roma «La Sapienza» en Italia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder