Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de agosto de 2014

    A subdirectora de Políticas de Desenvolvemento, Promoción e Divulgación das Linguas do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (Inali), Alejandra Arellano Martínez, afirmou que o 60 % da poboación indíxena no país xa non fala a súa lingua materna.

    Fonte: El Universal

    18 de agosto de 2014

    A oficina de turismo da Xunta de Galicia en Vigo conta cun novo sistema de interpretación en lingua de signos coñecido como BILDTEC.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de agosto de 2014

    O Concello biscaíño de Sukarrieta sumouse ao programa 'Eman Giltza. Fálalle, escóitao!', coordinado polo foro Alkarbide, que conta cunha plataforma en liña que ofrece ferramentas prácticas para facilitar a transmisión do éuscaro na familia.

    Fonte: 20 minutos

    18 de agosto de 2014

    A coalición Compromís por Santa Pola denunciou que a páxina web do Concello de Santa Pola dedicada ao turismo, www.turismosantapola.es, está en castelán e inglés, e non aparece o valenciano. Ademais, denunciaron que «toda a información que se dá mediante folletos informativos dentro da páxina web tamén é bilingüe castelán-inglés».

    Fonte: Diario Información

    14 de agosto de 2014

    A editorial inglesa Small Stations Press publicou unha edición do poemario de Rosalía de Castro Cantares Gallegos en búlgaro, segundo informou a Fundación Rosalía de Castro.

    Fonte: Galicia Hoxe

    14 de agosto de 2014

    Expertos do Instituto Venezolano de Investigacións Científicas (IVIC) resaltaron o apoio ao pobo indíxena cumanagoto no rescate da súa lingua ancestral, como parte dun proceso de rexurdimento da súa identidade.

    Fonte: Prensa Latina

    14 de agosto de 2014

    A metade dos turistas que visitan España consideran que os españois non temos un nivel aceptable en lingua estranxeira e os que peor percepción teñen das nosas competencias lingüísticas son os británicos e os alemáns, precisamente os principais “clientes” do turismo español. Así o afirma TTQS, empresa especializada en tradución e interpretación, que advirte ademais que os erros máis comúns derivan das traducións literais.

    14 de agosto de 2014

    Vinte pemes catalás participan desde hai seis meses no Servizo de Asesoramento Lingüístico a Empresas Exportadoras (SALE) da Cámara de Comercio de Barcelona, unha proba piloto pioneira en España. O balance desta primeira experiencia permite concluír que cada ano miles de empresas europeas desaproveitan negocios e perden contratos por falta de maiores competencias lingüísticas e capacidades interculturais.

    Fonte: La Vanguardia

    13 de agosto de 2014

    O primeiro estudo de dialectos do español en Twitter, realizado polo Instituto de Física Interdisciplinar e Sistemas Complexos, Ifisc (CSIC-UIB, España) e da Universidade de Toulon (Francia), revela a existencia de dous 'grandes superdialectos', un compartido en grandes cidades españolas e americanas e outro en zonas rurais.

    Fonte: Europa Press

    13 de agosto de 2014

    Un funcionario do Concello de Ourense argumenta a nulidade do proceso de información pública por non estar exposto ao público en ambas as linguas cooficiais.

    Fonte: La Voz de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder