Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de agosto de 2014

    As críticas á 'Axenda Estratéxica 2013-2016. Un idioma vivo para a convivencia', que presentou hai pouco máis dun mes o lehendakari Iñigo Urkullu, van subindo o ton dos cualificativos e tamén a intensidade das descualificacións.

    Fonte: Diario Vasco

    07 de agosto de 2014

    A Xunta de Galicia, por medio das consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais de Traballo e Benestar, vén de pór en marcha unha nova edición do programa de dinamización lingüística "O galego campa!", que chegará un ano máis aos campamentos de verán que coordina a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de agosto de 2014

    O Congreso dos Deputados volveu rexeitar unha proposición de modificación da Lei orgánica do Poder Xudicial que quería introducir o requisito de coñecemento da lingua catalá e o dereito propios para o acceso a prazas do territorio de Cataluña.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    06 de agosto de 2014

    Osakidetza, o Servizo Vasco de Saúde, ofrecerá os resultados das análises de sangue e ouriños de forma progresiva en éuscaro e castelán dentro dos seus plans para introducir a lingua vasca en todos os seus formularios e sistemas de traballo.

    Fonte: El País

    06 de agosto de 2014

    O traballo que desde a súa constitución, alá polo ano 2008, vén realizando a Fundación Eduardo Pondal recibiu un novo apoio en forma de premio coa entrega do galardón Rosalía de Castro de Lingua e Cultura.

    Fonte: La Voz de Galicia

    06 de agosto de 2014

    O xornal en liña The Huffington Post unirase ao ex-director de Al Jazeera para crear unha edición en lingua árabe destinada a un crecente número de lectores novos de Oriente Medio que empregan móbiles con conexión a internet.

    Fonte: Financial Times

    06 de agosto de 2014

    O Goberno do País de Gales destinará unha partida orzamentaria de 1,25 millóns de euros á creación de novos centros para a aprendizaxe da lingua galesa. O ministro principal de Gales, Carwyn Jones, declarou que estes centros contribuirán a crear máis oportunidades de uso da lingua para os falantes.

    Fonte: BBC

    06 de agosto de 2014

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou o escritor Xosé Luna na presentación da súa nova obra, O libro dos bicos, na Feira do Libro da Coruña.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de agosto de 2014

    O deputado menorquino de Més Nel Martí lamentou que a radiotelevisión autonómica IB3 destine 116 160 euros para externalizar os seus servizos lingüísticos, mentres que "non emite nin un só minuto de programación en catalán".

    Fonte: Diario de Mallorca

    05 de agosto de 2014

    O borrador do primeiro plan de uso do éuscaro na historia da Ertzaintza establece que a vasca será a «lingua de servizo» prioritaria na Policía autonómica e que, co tempo, deixará de ser un mérito para converterse en «requisito» para acceder a unha praza de axente.

    Fonte: El Mundo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder