Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    31 de xullo de 2014

    O Consello de Goberno vasco aprobou unha orde pola que se convocan subvencións para libros e demais material didáctico de niveis non universitarios impresos en éuscaro (EIMA I). O obxectivo destas subvencións, por un importe total de 514 627 euros, é que o ensino en éuscaro non supoña un incremento do gasto para o alumnado en razón do material didáctico utilizado.

    Fonte: Diario Vasco

    31 de xullo de 2014

    Os pais ou titores dos alumnos de comunidades autónomas con lingua cooficial que queiran estudar en castelán e non conten con prazas públicas dispoñibles o próximo curso 2014-2015 xa poden iniciar os trámites para solicitar una praza nun centro escolar privado.

    Fonte: Telecinco

    30 de xullo de 2014

    O Concello de Muxía vén de poñer en marcha "Con X de Muxía", un programa de dinamización lingüística, subvencionado pola Xunta, para a promoción e uso do galego en diferentes sectores.

    Fonte: La Voz de Galicia

    30 de xullo de 2014

    A Axencia Galega das Industrias Culturais publica, no DOG do 29 de xullo de 2014, as bases para a concesión de axudas destinadas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    30 de xullo de 2014

    A XVI edición dos Encontros de Normalización Lingüística que organiza o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, dependente do Consello da Cultura Galega (CCG), abre o seu foco de actuación para analizar a realidade plurilingüística de España.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    30 de xullo de 2014

    O programa de Voluntariado pola Lingua, impulsado pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura da Generalitat, xerou 10 208 parellas lingüísticas entre as 11 836 persoas que participaron, das que 5102 (o 43 %) o fixeron como voluntarios e 6734 como aprendices.

    Fonte: La Vanguardia

    30 de xullo de 2014

    A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana esíxelle ao Concello de Avilés que ordene modificar o deseño orixinal das novas marquesiñas para que cumpran coa legalidade en materia toponímica, recollendo a forma Les Meanes ou, en todo caso, a forma oficial Les Meanes/Las Meanas. Hai que lembrar que o proceso de oficialización da toponimia asturiana ten como fin a recuperación destes nomes.

    Fonte: Asturnews

    29 de xullo de 2014

    Pola súa traxectoria en lingüística antropolóxica e as súas achegas ao coñecemento e conservación das linguas indíxenas, Yolanda Lastra foi elixida por unanimidade membro de número da Academia Mexicana da Lingua (AML).

    Fonte: El Sol de México

    29 de xullo de 2014

    Un proxecto piloto de ensino bilingüe, portugués e crioulo, implementado no primeiro ano dunha escola de ensino primario de Cabo Verde facilitou o dominio do portugués. A administradora responsable do proxecto adiantou que o Ministerio de Educación do país africano está considerando aplicar o proxecto a máis escolas doutros distritos.

    Fonte: Público

    29 de xullo de 2014

    O Goberno vasco investiu 1875 millóns de euros entre 1983 e 2012 en políticas dirixidas a promover a aprendizaxe e uso do éuscaro, e avanzar dese modo cara a unha sociedade bilingüe, segundo os datos facilitados polo Departamento de Educación e Política Lingüística.

    Fonte: El Correo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder