Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de agosto de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva a Mondoñedo, durante todo o mes de agosto, a mostra itinerante ‘Nimbos de luz’, coa que a Xunta de Galicia difunde a vida e a obra de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado coas Letras Galegas 2014.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de agosto de 2014

    A subsecretaria do Ministerio de Educación romanés, Liliana Preoteasa, e o embaixador de China en Romanía, Huo Yuzhen, revelaron nun acto oficial o nome da escola que impartirá cursos de lingua chinesa en Bucarest. No acto tamén se presentaron as bolsas "O soño chinés" que permitirá a estudantes romaneses aprender chinés e a estudantes chineses aprender romanés.

    Fonte: CCTV

    04 de agosto de 2014

    O Concello de Alguer (Italia) e a Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña darán comezo á enquisa de usos lingüísticos da cidade de Alguer. Esta enquisa ten por obxectivo dar a coñecer os usos lingüísticos da poboación da cidade de Alguer e a vitalidade do catalán e coñecer así a situación real desta lingua no conxunto do seu ámbito lingüístico.

    04 de agosto de 2014

    O romanés é a lingua materna da maioría dos residentes estranxeiros en Italia. Estímase que un total de 800 000 persoas falan esta lingua como idioma materno, o que constitúe un 21,9 % da poboación estranxeira.

    Fonte: Balkans

    04 de agosto de 2014

    O presidente da asociación Amical Wikimedia, Arnau Duran, asegurou que o catalán é a decimo sétima lingua máis falada da Wikipedia, que ten actualmente 450 000 artigos en catalán.

    Fonte: La Vanguardia

    04 de agosto de 2014

    Sen medios de comunicación de titularidade pública en valenciano, advirte a Academia Valenciana da Lingua, o “moi precario” equilibrio entre os dous idiomas oficiais pode acelerarse de forma “irreversible”, e causar “danos graves para a recuperación e vixencia do valenciano como unha lingua absolutamente normal para toda clase de usos sociais”.

    Fonte: El País

    04 de agosto de 2014

    O 69,6 % dos alumnos galegos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) está a estudar un segundo idioma estranxeiro, segundo a última estatística sobre o ensino de linguas estranxeiras do Ministerio de Educación.

    Fonte: El Correo Gallego

    04 de agosto de 2014

    LibreOffice é unha magnífica alternativa ás suites ofimáticas privadas, que ten todo o que pode precisar o usuario medio ou avanzado e ademais é software libre. Por se fose pouco, todas as súas versións están en galego, mesmo a máis recente: a versión 4.3.

    Fonte: Código Cero

    03 de agosto de 2014

    A televisión pública de Suecia informou de que o sueco é agora a segunda lingua máis empregada na Wikipedia, por detrás do inglés.

    Fonte: The Local

    03 de agosto de 2014

    Un grupo editorial chinés fundou a Academia Chinesa da Tradución que aspira a converterse na principal plataforma de investigación de China para os estudosos e os profesionais da tradución, tanto no país asiático como no estranxeiro. O obxectivo é abrir a cultura chinesa ao mundo por medio da tradución.

    Fonte: Ecns

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder