Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de agosto de 2014

    O proxecto europeo "Bazaar" permitirá que adultos inmigrantes poidan aprender portugués no Mercado de Fusão en Lisboa. "O noso obxectivo principal é proporcionar un primeiro contacto coa lingua e desenvolver o gusto pola aprendizaxe do portugués", así como "a comprensión da necesidade de aprender a lingua como factor de comunicación e integración social", afirmou á axencia Lusa o coordinador do proxecto en Portugal.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    08 de agosto de 2014

    Con motivo dun curso de formación que se está a desenvolver na cidade india de Dharamsala, o primeiro ministro do Goberno tibetano no exilio, Lobsang Sangay, animou os funcionarios públicos a melloraren os seus coñecementos lingüísticos.

    Fonte: The Tibet Post

    08 de agosto de 2014

    A Consellería de Educación sacou a concurso o servizo de intérpretes de lingua de signos para os alumnos con discapacidade auditiva matriculados en Asturias para os próximos dous anos, coa posibilidade de prorrogarse outros dous. Porén, as bases nin garanten a atención de todos os estudantes nin tampouco unhas condicións laborais mínimas para os intérpretes.

    Fonte: Asturias 24

    08 de agosto de 2014

    O Departamento de Cultura colabora un ano máis coa Universidade Catalá de Verán (UCE) na organización de diversas actividades que se desenvolverán durante a súa 46a edición.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    08 de agosto de 2014

    O Goberno indio, por medio do Instituto Central de Linguas Indias, lanzou un proxecto para protexer, preservar e documentar as linguas indias ameazadas que teñan menos de 10 000 falantes.

    Fonte: Daijiworld

    08 de agosto de 2014

    O número de estudantes inscritos en cursos de lingua árabe en Israel incrementouse nun 140 % desde o comezo da ofensiva sobre Gaza, anunciou a escola de linguas Berlitz. O director desta escola defendeu que outro dos motivos deste incremento é o sistema educativo de Israel que non garante a aprendizaxe da lingua árabe.

    Fonte: The Jerusalem Post

    08 de agosto de 2014

    O vindeiro curso académico, a Vicerreitoría do campus de Pontevedra abrirá as portas, por terceiro ano consecutivo, da Casa Inglesa, unha iniciativa que busca promover a inmersión lingüística do alumnado do campus a través da convivencia titorizada cunha persoa nativa dun país anglosaxón.

    Fonte: Universidade de Vigo

    07 de agosto de 2014

    As críticas á 'Axenda Estratéxica 2013-2016. Un idioma vivo para a convivencia', que presentou hai pouco máis dun mes o lehendakari Iñigo Urkullu, van subindo o ton dos cualificativos e tamén a intensidade das descualificacións.

    Fonte: Diario Vasco

    07 de agosto de 2014

    A Xunta de Galicia, por medio das consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais de Traballo e Benestar, vén de pór en marcha unha nova edición do programa de dinamización lingüística "O galego campa!", que chegará un ano máis aos campamentos de verán que coordina a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de agosto de 2014

    O Congreso dos Deputados volveu rexeitar unha proposición de modificación da Lei orgánica do Poder Xudicial que quería introducir o requisito de coñecemento da lingua catalá e o dereito propios para o acceso a prazas do territorio de Cataluña.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder