Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de xullo de 2014

    Entre outras cuestións, a nova lei exonera os propietarios dos comercios de rotular os seus establecementos como mínimo en catalán, pero tampouco estarán obrigados a facelo en castelán. Así mesmo, desaparece do articulado a obriga de ter una porcentaxe de empregados para atender o público en catalán.

    Fonte: Diario de Mallorca

    28 de xullo de 2014

    Unha empresa do ámbito do teatro do País de Gales lanzará unha aplicación que traducirá partes de obras de teatro do galés ao inglés. A aplicación permitiralles aos espectadores escoitar partes importantes de obras e resumos de escenas en inglés por medio de auriculares.

    Fonte: BBC

    28 de xullo de 2014

    Os oficiais do exército británico non poderán ascender en rango se non falan como mínimo unha lingua estranxeira, preferentemente francés ou árabe, informaron fontes do exército ao xornal Financial Times. A nova medida, que entrará en vigor a partir do outono, afectará centos de destacamentos do exército.

    Fonte: Financial Times

    28 de xullo de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de conceder un total de 1289 axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, así como outras 113 bolsas adicionais para que o alumnado universitario poida mellorar o seu coñecemento de idiomas en estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2014.

    28 de xullo de 2014

    A Mesa pola Normalización Lingüística vén de lanzar unha campaña pola promoción da música en galego nas festas, a través do vídeo "En galego... Festa rachada!".

    Fonte: Praza Pública

    28 de xullo de 2014

    Cen bares da capital van proporcionarlles aos seus comensais a seguridade de saber que poden ser servidos sen limitacións lingüísticas. Farano cubrindo as mesas con manteis de papel onde aparecen en éuscaro algunhas das frases típicas na relación cliente-camareiro.

    Fonte: Noticias de Álava

    28 de xullo de 2014

    A Dirección Xeral de Política Lingüística distribuirá o xogo 300 feitos de lingua, a través dos medios da Asociación Catalá de Prensa Comarcal (ACPC) mediante un concurso promocional. Esta iniciativa, que se enmarca nos actos dos Tricentenario dos feitos de 1714, ten por obxectivo ampliar o coñecemento da cidadanía sobre os acontecementos, positivos e negativos, que afectaron á lingua catalá ao longo da historia.

    27 de xullo de 2014

    Adoptado como lingua oficial polo Estado mozambicano despois da independencia do país o 25 de xuño de 1975, o portugués vive no país africano o paradoxo de ser a lingua da unidade nacional e falado por só unha minoría, constituída, principalmente, polas elites da terra. Por este motivo, algúns estudosos mozambicanos consideran que a lingua portuguesa é un factor de exclusión.

    Fonte: Público

    27 de xullo de 2014

    O ministro de Asuntos Exteriores de Timor Leste, José Luís Guterres, declarou que a razón da admisión de Guinea Ecuatorial na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) foi a decisión de adoptar o portugués como lingua oficial e pór fin á pena de morte, así como o feito de ser unha colonia portuguesa durante 300 anos, antes da colonización española.

    Fonte: Jornal Digital

    25 de xullo de 2014

    A Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) elixiu a mozambicana Marisa Guião de Mendonça para o cargo de directora executiva do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa, en substitución de Gilvan Müller de Oliveira.

    Fonte: RTP Notícias

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder