A Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) elixiu a mozambicana Marisa Guião de Mendonça para o cargo de directora executiva do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa, en substitución de Gilvan Müller de Oliveira.
Fonte: RTP Notícias
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) elixiu a mozambicana Marisa Guião de Mendonça para o cargo de directora executiva do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa, en substitución de Gilvan Müller de Oliveira.
Fonte: RTP Notícias
Un equipo de investigadores do Instituto Superior de Enxeñería do Porto (ISEP) está a desenvolver unha ferramenta de tradución bilateral da lingua de signos portuguesa que permitirá identificar xestos, movementos corporais e faciais e traducilos a texto.
Fonte: Público
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, clausurou os cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras que se desenvolveron na capital de Galicia durante este mes.
Fonte: Xunta de Galicia
A Asociación PuntoGal presentou, nun acto que tivo lugar no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela), a listaxe dos 93 enderezos seleccionados no Programa Pioneiros. As empresas, administracións, fundacións e asociacións seleccionadas terán activo o seu enderezo co dominio .gal a partir do 25 de xullo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará no seu portal web a resolución provisional das novas seccións bilingües, segundo a cal se crearán 367 novas, ata chegar a un total de 3223, un 13 % máis das do curso 2013/2014.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acompañou o escritor e académico da lingua galega Xosé Neira Vilas na presentación da súa última obra, Epistolario diverso (Edicións Embora). No acto participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Fonte: Xunta de Galicia
A Universidade do País Vasco avanza no campo da normalización lingüística coa edición e publicación do libro Giza Anatomiako Atlasa co apoio do Goberno vasco. Este traballo é a tradución do libro Máster Atlas de Anatomía da editorial Marbán, unha obra de referencia no seu ámbito. O atlas recolle toda a terminoloxía en éuscaro sobre anatomía humana nun total de 725 páxinas divididas en catorce capítulos, acompañada de detalladas ilustracións.
O Consello Universitario polo Asturiano criticou a posta en marcha, por parte da Universidade de Oviedo, dun servizo para a consulta do arquivo histórico da entidade a través de internet que permite a consulta en catalán, galego, vasco e castelán, pero non en asturiano.
Fonte: 20 minutos
A designación de Joe McHugh como novo ministro das zonas de fala irlandesa ("Gaeltacht") levantou fortes críticas nalgúns sectores da sociedade irlandesa xa que non fala a lingua con fluidez. A primeira acción do ministro foi inscribirse nun curso de irlandés na localidade de Glencolmcoille.
Fonte: RTE
O Goberno de Guinea Ecuatorial anunciou a súa adhesión á Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) no seu sitio oficial en internet en español, inglés e francés mais non en portugués.
Fonte: Económico
Subscríbase ao boletín