Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de xullo de 2014

    O presidente da República de Portugal, Cavaco Silva, defendeu en Dili (Timor Leste) que a lingua portuguesa e a defensa da paz, a democracia e os dereitos humanos son valores identitarios da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) e deben continuar a determinar as súas decisións.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    23 de xullo de 2014

    A empresa de telecomunicacións Swisscom ofrecerá 16 novas canles de televisión para os clientes de lingua italiana do cantón suízo de Tesino.

    Fonte: Tio

    23 de xullo de 2014

    A Xunta encabeza os enderezos pioneiros con dominio galego .gal, tanto desde o punto de vista institucional como cultural. Así, a Administración autonómica activará o 25 de xullo, Día de Galicia, un novo espazo que conmemora esta xornada: a web 25dexullo.gal.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de xullo de 2014

    Este ano 142 asociacións e fundacións forman parte do Censo de entidades de fomento da lingua catalá. En total incorporáronse 25 entidades novas, cun crecemento do 18 % respecto a 2013. Destas 142 entidades, 82 pertencen ao ámbito cultural, 17 ao fomento da lingua, 11 en integración social, 7 xuventude e ocio, 11 a organizacións empresariais e sindicatos, ademais do ámbito do deporte, a formación, os colexios profesionais e as novas tecnoloxías.

    23 de xullo de 2014

    Un informe da organización internacional European Language Equality Network, da que forma parte Iniciativa polo Asturiano como entidade representante da lingua asturiana, levou á Oficina do Alto Comisionado dos Dereitos Humanos da Organización das Nacións Unidas (ONU) a situación de “violación de dereitos humanos lingüísticos que viven en Asturias os asturfalantes”, segundo a entidade.

    Fonte: La Nueva España

    22 de xullo de 2014

    As metodoloxías de ensino da lingua portuguesa e a importancia do ensino das linguas nacionais serán algúns dos temas tratados nas II Xornadas Científico-pedagóxicas da Escola de Formación de Profesores (EFP) de Angola.

    Fonte: ANGOP

    22 de xullo de 2014

    O sitio web da televisión pública en lingua galesa S4C será un dos primeiros en utilizar os novos dominios .cymru e .wales en internet. O director de contidos da canle, Garffild Lloyd Lewis, declarou que "Mudarse aos dominios .cymru e .wales fortalecerá o status da única canle de televisión en lingua galesa do mundo".

    Fonte: South Wales Evening Post

    22 de xullo de 2014

    As tres universidades galegas ofrécenlle a súa "colaboración institucional" á Xunta de Galicia para realizar unha avaliación "seria, transparente e rigorosa" dos resultados derivados da aplicación do decreto do plurilingüismo nos centros educativos galegos.

    Fonte: Europa Press

    22 de xullo de 2014

    FAZ Cultura e Cilenis, dúas spin-off xurdidas ao abeiro da Universidade de Santiago de Compostela (USC), veñen de unir forzas para dar forma a un teclado galego para Android. A iniciativa conta co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da USC e quere converterse nunha “ferramenta para escribir na nosa lingua e no móbil con total corrección”, informan FAZ Cultura e Cilenis.

    Fonte: Código Cero

    22 de xullo de 2014

    A campaña “Navega en catalán” da Fundación puntCAT centrou o programa Espai Internet de TV3. Esta campaña ten por obxectivo sensibilizar os internautas cataláns para que configuren os seus navegadores en catalán e así contribúan a aumentar a demanda de contidos nesta lingua. A campaña ten o apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura e de Softcatalá.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder