Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de xullo de 2014

    O Concello de San Sebastián destinará 305 000 euros a axudas económicas para a aprendizaxe do éuscaro. A cantidade maior, de 225 848 euros está dirixida aos cidadáns que participen en clases e internados de inverno ou cursos de autoaprendizaxe.

    Fonte: El Mundo

    15 de xullo de 2014

    A Consellería de Educación, Cultura e Deporte publicou no Boletín Oficial do Principado de Asturias (BOPA) a convocatoria e as bases que rexen as distintas liñas de subvención para a normalización social do asturiano durante 2014 na literatura, a música, e os medios de comunicación, cun importe que ascende a 232 513,40 euros.

    Fonte: El Comercio

    14 de xullo de 2014

    O blog Mallando no Android está a dar conta dunha interesante novidade dentro do sistema operativo móbil de Google, xa que a aplicación Teclado de Google actualizouse incorporando entre as súas novidades o soporte de galego, polo que xa non habería que recorrer a teclados alternativos para poder escribir na nosa lingua en dispositivos con Android.

    Fonte: Código Cero

    14 de xullo de 2014

    Nunha nota publicada no web da Real Academia Galega, a executiva desta institución aclarou que non tivo responsabilidade na escolla de Filgueira Valverde para o vindeiro Día das Letras Galegas. No texto, lémbrase que é o plenario da institución o que, cos seus votos, realiza a elección do homenaxeado, e indica que ningún dos membros da executiva avalou a candidatura de Filgueira.

    Fonte: Culturagalega.org

    14 de xullo de 2014

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu á VI Festa da Palabra da Insua dos Poetas dedicada nesta ocasión a Eduardo Blanco Amor no marco do 35º aniversario do pasamento do escritor.

    Fonte: Xunta de Galicia

    14 de xullo de 2014

    O Goberno deducirá ás comunidades da súa financiación autonómica o custo que lle suporá o proceso educativo de aqueles alumnos que, querendo recibir unha educación en castelán como lingua vehicular, non poidan facelo na rede de centros públicos por falta de prazas.

    Fonte: La Tribuna de Ciudad Real

    14 de xullo de 2014

    A Plataforma Aragonesa Non Falamos Catalán (PANHC) e a Federación de Asociacións Culturais do Aragón Oriental (Facao) organizaron en Alcañiz a celebración do Día da Lingua Aragonesa, acto ao que acudiron unha decena de persoas. Durante a xornada, reivindicaron a aplicación da Lei de Linguas de inmediato e a creación dunha academia aragonesa.

    Fonte: La Comarca

    13 de xullo de 2014

    Un estudo realizado por Fairfax Media revela que na cidade australiana de Melbourne se falan máis linguas que estados existen no planeta. Un total de 251 idiomas diferentes ao inglés fálanse en toda a cidade.

    Fonte: The Age

    13 de xullo de 2014

    A comisaria de linguas oficiais do estado canadense de Nova Brunswick, Katherine d'Entremont, presentou o seu primeiro relatorio anual. Nun documento de máis de 90 páxinas, a comisaria insta o goberno a ofrecer un mellor servizo nas dúas linguas oficiais (francés e inglés).

    Fonte: ICI Radio-Canada

    11 de xullo de 2014

    Unha ducia de entidades culturais e sociais mantiveron unha xuntanza en Compostela para debater e comezar a explorar fórmulas de celebración do Día das Letras Galegas para o vindeiro 2015, considerando "moi desafortunada" e contraria aos principios desta conmemoración a elección de Xosé Filgueira Valverde como figura homenaxeada.

    Fonte: Praza Pública

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder