Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de xullo de 2014

    Google anunciou que o seu servizo de correo electrónico Gmail está a partir de agora dispoñible en 13 novas linguas: africáner, armenio, azerí (Acerbaixán), chinés de Hong Kong, francés canadense, galego, cambodjano, laosiano, mongol, nepalés, cingalés, xeorxiano e zulú. En total, o servizo está dispoñible en 71 linguas.

    Fonte: Kulture Geek

    08 de xullo de 2014

    A obra do autor Rudyard Kipling, O libro da selva, está agora dispoñible en gaélico manés en forma de libro animado.

    Fonte: IOMToday

    08 de xullo de 2014

    O servizo de correo electrónico de Google, Gmail, xa pode habilitarse en lingua galega. Así o confirmaron desde o consello editor de Mallando no android. Para poder habilitalo, abonda con premer en "Configuración" e elixir como opción de lingua "Galego".

    Fonte: Sermos Galiza

    08 de xullo de 2014

    O Consello Navarro do Éuscaro esixiu ao Goberno foral que recupere, tanto nos orzamentos de 2014 coma nos dos próximos anos, a partida para o fomento do éuscaro nos medios de comunicación e que publique e execute “canto antes” a convocatoria de axudas, cun importe suficiente, tomando como base as directrices dos últimos anos, é dicir, dando prioridade á subvención aos medios que traballan e publican en éuscaro.

    08 de xullo de 2014

    A cifra contrasta coa capacidade dun 70 % que domina a lingua vasca. Un estudo realizado por Eta Kitto quere ser o punto de partida para un proceso participativo o próximo outono que busca atopar as ferramentas para promover o uso do éuscaro entre a mocidade.

    Fonte: Diario Vasco

    07 de xullo de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da sétima edición do Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras que organizan a Universidade da Coruña (UDC) e mais o departamento dirixido polo conselleiro Xesús Vázquez Abad.

    Fonte: Xunta de Galicia

    07 de xullo de 2014

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acudiu ao acto que elixe os Xuíces Honorarios do Couto Mixto en recoñecemento ao traballo en prol da memoria histórica. No encontro salientou “o don especial que lles permitiu aos habitantes da comarca xestionar os seus propios destinos sabiamente e axustar os seus recursos ás súas necesidades”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    07 de xullo de 2014

    Media centena de docentes participaron nun encontro en Caracas (Venezuela) no que decidiron fundar unha asociación co obxectivo de congregar os profesionais do sector. Segundo Sofia Saraiva, a nova asociación centrarase "na uniformización de criterios e na creación de pontes de comunicación para a certificación de profesores entre entidades venezolanas e portuguesas".

    Fonte: Notícias ao Minuto

    07 de xullo de 2014

    O Goberno de Luxemburgo considera o ensino do portugués un "valor engadido" e incluirá esta lingua no currículo académico a partir do próximo ano lectivo, anunciou o ministro portugués de Educación, Nuno Crato. O ministro de Educación de Luxemburgo subliñou a importancia da lingua materna para a aprendizaxe doutros idiomas e eloxiou os esforzos feitos por Portugal na organización dos cursos de lingua portuguesa para emigrantes portugueses no país.

    07 de xullo de 2014

    A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura celebrou a xornada “C2. Como se mide a excelencia comunicativa?”. O obxectivo do acto foi a presentación do novo programa e certificado do nivel superior (C2) que acredita unha competencia lingüística alta en lingua catalá. O C2 diríxese a persoas que fan actividades de comunicación lingüística de complexidade, oral ou escrita, no ámbito laboral ou académico.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder