Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de xullo de 2014

    O ministro principal do País de Gales, Carwyn Jones, anunciou que o Goberno destinará unha partida económica para fomentar as actividades que faciliten o uso da lingua galesa na tecnoloxía e nos medios dixitais.

    Fonte: Heart

    03 de xullo de 2014

    Carvalho Calero, Xosé Filgueira Valverde, Manuel María, Xela Arias ou Celestino Fernández de la Vega. Un destes autores collerá o relevo de Díaz Castro para as Letras Galegas do vindeiro ano, tal e como o confirmaron fontes da Real Academia Galega a Praza Pública.

    Fonte: Praza Pública

    03 de xullo de 2014

    Un grupo de 120 persoas maiores de 60 anos, que só falan castelán e residentes no País Vasco serán obxecto de estudo cando comecen a aprender éuscaro. O Basque Center on Cognition Brain and Language (BCBL), que investiga a cognición, o cerebro e a linguaxe, participará nunha iniciativa para protexer as persoas contra certas enfermidades neurodexenerativas, como o alzhéimer, mediante os cambios que pode producir no cerebro o coñecemento dun segundo idioma.

    03 de xullo de 2014

    Un grupo de 120 personas mayores de 60 años, que solo hablan castellano y residentes en el País Vasco serán objeto de estudio cuando comiencen a aprender euskera. El Basque Center on Cognition, Brain and Language (BCBL), que investiga la cognición, el cerebro y el lenguaje, participará en una iniciativa para proteger a las personas contra ciertas enfermedades neurodegenerativas, como el alzhéimer, mediante los cambios que puede producir en el cerebro el conocimiento de un segundo idioma.

    03 de xullo de 2014

    A Academia Valenciana da Lingua (AVL) destacou, durante a primeira xornada sobre lingua e cultura popular valencianas, a necesidade de incorporar na educación primaria contidos centrados nas tradicións, a literatura, o patrimonio e as festas populares da Comunidade.

    Fonte: Las Provincias

    02 de xullo de 2014

    Pèire Bèc, o gran escritor e lingüista occitano, morreu á idade de 92 anos. Occitania acaba de perder un militante destacado e un dos seus principais especialistas en dialectoloxía, lingua estándar, lingua medieval e literatura. Bèc foi o primeiro en facer un traballo científico para estandarizar o occitano sobre unha base racional e sistemática, nos inicios dos anos setenta. En 1982 formou parte da comisión que fixou a norma ortográfica do aranés, oficializada no ano 1983.

    Fonte: Nationalia

    02 de xullo de 2014

    Os eurodeputados de Coalición por Europa, Izaskun Bilbao (PNV), Ramón Tremosa i Balcells (Converxencia Democrática de Cataluña) e Francisco Gambús (Unión Democrática de Cataluña), pediron este martes ao reelixido presidente do Parlamento Europeo, Martin Schulz, que permita o uso do éuscaro, catalán e galego nos plenos.

    Fonte: Galicia Confidencial

    02 de xullo de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Silleda acaban de recoñecer o esforzo dos empresarios do municipio no uso do galego na súa actividade comercial a través do I Premio de Normalización Lingüística, un certame no que tamén colaboraron o IES Pintor Colmeiro e a Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS).

    02 de xullo de 2014

    Negan a atención a un cidadán no Carballiño por expresarse en galego cando chamou ao número de atención ao cidadán deste concello. Esta situación incumpre a lexislación sobre o uso do galego como lingua propia das administracións locais e vulnera os dereitos lingüísticos, segundo denuncia a Mesa pola Normalización Lingüística.

    Fonte: Galicia Confidencial

    02 de xullo de 2014

    Varios representantes da Administración de Xustiza de Biscaia animaron a cidadanía a demandar procesos xudiciais íntegros en éuscaro co fin de que esta lingua poida empregarse de igual forma que o castelán no ámbito xudicial.

    Fonte: Deia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder