Un grupo de dezaseis dinamizadores lingüísticos da provincia autónoma de Bolzano (Italia) desprazáronse a Barcelona para estudar o modelo catalán de fomento da lingua. En Bolzano conviven tres linguas oficiais: o italiano, o alemán e o ladino. A formación que recibirán os estudantes de Bolzano consiste en tratar a dinamización lingüística desde diversos ámbitos coma o comercial, o asociativo, o social, o da xustiza, etc.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
“Que podemos e debemos facer para lles transmitirmos o galego ás xeracións máis novas?”. Esta é a gran pregunta que tentarán responder diversos especialistas nun curso de verán organizado pola Universidade da Coruña e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) en Carballo.
Fonte: Galicia Confidencial
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) acolle o “Seminario internacional: obras inesquecibles na literatura infantil e xuvenil. Visións do feminino”. Faino no marco da participación deste centro de investigación na Rede Temática de Literaturas Infantís e Xuvenís do Ámbito Ibérico e Iberoamericano, ao abeiro do proxecto “Literatura Infantil e Xuvenil”, que coordina a profesora e investigadora do CRPIH Ana Blanca Roig Rechou.
Fonte: Xunta de Galicia
Esta iniciativa da Fundación Antonio Fraguas busca favorecer o achegamento dos escolares ao patrimonio cultural e lingüístico galego. Os centros galardoados este ano foron o CEIP O Pombal de Vigo e o IES Pintor Colmeiro de Silleda.
Fonte: Xunta de Galicia
O Estado chileno recoñeceu ao Concello de Galvarino (Wallmapu) o seu dereito a usar o mapudungun, o idioma do pobo mapuche, como lingua oficial do municipio. Galvarino oficializara o idioma en agosto de 2013, mais solicitara un dictame á oficina competente de Chile (Contraloría General) sobre se a súa decisión era ou non procedente.
Fonte: Nationalia
A Universidade Federal do Oeste do Pará (Brasil) organizará un curso intensivo das linguas indíxenas mundurucu e nheengatu co obxectivo de formar profesores do ensino público.
Fonte: Globo
O proxecto é froito da colaboración da compañía coa Oficina Municipal de Atención á Discapacidade do Concello de Xerez e ten o obxectivo de achegar esta linguaxe ao conxunto da sociedade e mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade auditiva.
Fonte: Corresponsables
A Universidade de Granada oferta o chinés como novo itinerario na especialidade de lingua estranxeira do Máster en profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas.
Fonte: Radio Granada
O escritor Agustín Fernández Paz recibiu o Premio Trasalba que recoñece a súa dedicación especial á literatura infantil, o seu compromiso inesgotable coa lingua e a súa defensa do ensino público e militancia en distintos colectivos de renovación pedagóxica.
Fonte: Sermos Galiza
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en rolda de prensa Os sons do vento que pasa, a nova actividade incluída no programa FalaRedes e que ata finais de ano chegará a 36 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín