Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de xuño de 2014

    Está adaptada á aprendizaxe dinámica das persoas que non teñen coñecemento ningún da lingua vasca, ou ben queren reforzar o seu proceso de euscaldunización. Mintzalagun é una plataforma en liña que ofrece unha innovadora metodoloxía para aprender éuscaro de forma divertida.

    Fonte: Su Nota de Prensa

    25 de xuño de 2014

    Despois da aprobación por unanimidade no pleno do Concello de Narón da declaración da campaña "Como cho digo ;-)", a través da que se pide que os medios de comunicación visibilicen o uso da lingua galega, o 25 de xuño celébrase un acto público no que participan diversos colectivos e persoas da localidade para se sumaren tamén a dicir que queren máis galego na prensa.

    Fonte: CTNL

    25 de xuño de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de apoiar os actos que se realizarán durante o ano 2014 para homenaxear a Eduardo Blanco Amor no 35 aniversario do seu falecemento.

    Fonte: Xunta de Galicia

    24 de xuño de 2014

    O primeiro ministro indio, Narendra Modi, designou recentemente o hindi como idioma prioritario para as redes sociais oficiais, unha decisión que está suscitando as queixas dos gobernos rexionais onde se falan outras linguas. A constitución india recoñece un total de 22 linguas, aínda que as empregadas na burocracia federal son o hindi e o inglés. Esta última é a máis utilizada nas redes sociais ata o momento.

    Fonte: El Occidental

    24 de xuño de 2014

    A empresa Apple traballa para aumentar o número de linguas do asistente persoal Siri. O persoal de 9to5mac informou que recentemente a empresa engadiu tres idiomas máis á lista de traballo: ruso, tailandés e portugués (do Brasil). O asistente persoal Siri interpreta as preguntas do usuario e ofrece respostas baseándose en información obtida na internet. Trátase dun incrible avance no campo das tecnoloxías de recoñecemento de voz.

    Fonte: Showmetech

    24 de xuño de 2014

    Un videoclip en galego para persoas xordas. Esta foi a iniciativa do IES de Chapela, unha idea que naceu dun grupo de alumnas, explica o dinamizador da lingua galega do centro, Aldán Santamarina Corral.

    Fonte: La Voz de Galicia

    24 de xuño de 2014

    O multilingüismo é un dos eixes centrais da construción europea. A procura dunha comunicación e un entendemento entre países cunha ou varias linguas propias presenta múltiples retos que tamén se trasladan á educación superior.

    Fonte: Universidade de Vigo

    24 de xuño de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixo pública a resolución da convocatoria do premio a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa "Nós tamén creamos!" na súa edición 2013-2014.

    Fonte: Xunta de Galicia

    24 de xuño de 2014

    O Goberno vasco mantén en 43,3 millóns de euros as subvencións destinadas ao fomento do éuscaro, dos que 30 millóns irán á aprendizaxe de adultos. E este ano inclúe por primeira vez unha partida destinada a apoiar a lingua vasca nas edicións dixitais dos medios en castelán.

    Fonte: Deia

    24 de xuño de 2014

    O 79,2 por cento dos exames das probas de acceso á universidade de xuño realizadas nas Pitiusas contestouse en lingua catalá. Aínda que estes resultados supoñen un incremento de 2,1 puntos con respecto á mesma convocatoria do mesmo mes en 2013, Eivisa e Formentera son as illas que rexistran a menor porcentaxe do uso do catalán na Selectividade en Baleares.

    Fonte: Diario de Ibiza

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder