Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de xuño de 2014

    A iniciativa "Mil festas máis para a lingua galega", que organiza a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, rende homenaxe este ano ao grupo Treixadura, que dará un concerto gratuíto no auditorio de Vilagarcía.

    Fonte: Noticias Galicia

    18 de xuño de 2014

    Este proxecto persegue que o estudantado participante adquira unha serie de competencias para o ensino da lingua inglesa en relación co concepto de interculturalidade en canto a contidos, metodoloxía, materiais, e que desenvolva actitudes que no futuro próximo porá en práctica no ensino da lingua no contexto da Unión Europea.

    Fonte: Universidade de Vigo

    18 de xuño de 2014

    Durante a mobilización, os organizadores fixeron público un comunicado no que reivindican o “dereito” a que “os medios públicos en éuscaro se poidan captar en Navarra con normalidade”.

    Fonte: Noticias de Navarra

    18 de xuño de 2014

    A Consellería de Educación daralles autonomía aos centros da Comunidade Valenciana para que escollan en que lingua impartir as materias de Ciencias Naturais e Sociais, nas que se desdobra, como consecuencia da aplicación da Lei orgánica de mellora da calidade educativa (Lomce), a materia de Coñecemento do Medio, que se daba ata agora en valenciano.

    Fonte: La Vanguardia

    18 de xuño de 2014

    O ministro principal de Gales anunciou que un total de 1,6 millóns de libras esterlinas se destinará ao fortalecemento e promoción da lingua galesa nos próximos dous anos.

    Fonte: BBC

    17 de xuño de 2014

    O xefe do executivo da Rexión Administrativa Especial de Macau (RAEM), Fernando Chui Sai On, prometeu seguir apoiando o desenvolvemento do ensino do portugués, co fin de fornecer un mellor ambiente educativo para os macaenses de orixe portuguesa.

    Fonte: CRI

    17 de xuño de 2014

    O Proxecto Gaelaico vincula a orixe do nome da "Cova do Rei Cintolo", na parroquia de Supena, en Mondoñedo (Lugo), coas linguas gaélicas, e esta conclusión derívase dos resultados dun estudo lingüístico.

    Fonte: Faro de Vigo

    17 de xuño de 2014

    A mostra itinerante “Nimbos de luz”, que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a levar durante este ano a un total de 14 puntos de Galicia, fai estes días parada no concello de Redondela e pódese visitar ata o vindeiro 30 de xuño no Multiúsos da Xunqueira.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de xuño de 2014

    Miles de persoas reivindicaron o uso do éuscaro na Rioxa Arabesa coa súa participación en Lapuebla de Labarca na festa das ikastolas alavesas, nunha xornada festiva con éxito de público e na que o bo tempo acompañou.

    Fonte: Diario Vasco

    17 de xuño de 2014

    Un total de oito centros educativos públicos vaise sumar o próximo curso escolar aos 137 que actualmente xa imparten ensino bilingüe na provincia de Málaga. Deste modo, a rede de centros públicos bilingües pasará a estar composta por 145 colexios e institutos. Estes novos centros utilizarán o inglés para impartir diversas materias do currículo.

    Fonte: 20 Minutos

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder