Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de xuño de 2014

    A Comisión Executiva da Real Academia Galega acordou nunha xuntanza reclamarlles á sociedade e ao Goberno galego que tomen medidas ante a situación da lingua galega no ensino.

    Fonte: Culturagalega.org

    20 de xuño de 2014

    O instituto Sánchez Cantón e a escola de Educación Infantil Crespo Rivas levan a cabo un proxecto de innovación educativa e de fomento das linguas, encontros nos que o alumnado asume o rol de profesor ou de estudante independentemente da idade.

    Fonte: Faro de Vigo

    19 de xuño de 2014

    FalaRedes, o programa promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, continúa dinamizando o galego entre a xente miúda e as súas familias cos espectáculos "Os Bolechas e o Sabichón" e "As fabas máxicas", que esta fin de semana visitan catro vilas ourensás e dúas coruñesas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    19 de xuño de 2014

    O salón de claustros do instituto Rosalía de Castro acolleu a presentación dos gañadores da XX Edición do Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente. Nesta ocasión os alumnos dos centros de secundaria que participan nesta iniciativa seleccionaron A vitoria do perdedor de Carlos G. Reigosa como mellor obra en lingua galega.

    Fonte: Culturagalega.org

    19 de xuño de 2014

    Os escolares dos centros de Educación Infantil e Primaria Concepción Arenal, Eusebio da Guarda e Ramón de la Sagra, gañadores da primeira edición do Concurso de Blogs en Lingua Galega convocado polo Concello, recolleron os seus premios.

    Fonte: La Opinión

    19 de xuño de 2014

    Tras anos de moitos esforzos por parte das diferentes entidades que traballan polo uso do éuscaro chégase á década do 2000 e «os datos cambian ata tal punto que hogano sete de cada 10 menores de 14 anos en Tolosa comunícase en éuscaro e algo máis da metade do novos entre 15 e 24 anos tamén».

    Fonte: Diario Vasco

    19 de xuño de 2014

    O número de entidades de fomento da lingua catalá creceu un 18 % respecto a 2013 e, segundo o censo do departamento de Cultura feito público, actualmente hai 142 asociacións e fundacións inscritas.

    Fonte: La Vanguardia

    19 de xuño de 2014

    A Mesa pola Normalización Lingüística presentou publicamente os datos do estudo que esta entidade elabora periodicamente sobre os usos lingüísticos nos centros de educación infantil das sete cidades galegas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    18 de xuño de 2014

    Unha enquisa realizada a 50 directores de instituto austríacos desvelou que a maioría (tres cuartos do total) apoia a introdución da materia de lingua turca no ensino secundario e universitario. A ministra do Interior austríaca, Johanna Mikl-Leitner, declarou que se podería introducir esta materia como lingua estranxeira nas escolas, aínda que asegura que o alemán debe seguir sendo a prioridade.

    Fonte: World Bulletin

    18 de xuño de 2014

    O servizo de almacenamento de arquivos Dropbox está agora dispoñible en catro novas linguas: tres europeas (dinamarqués, sueco e neerlandés) e unha asiática (tailandés).

    Fonte: Betanews

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder