Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de xuño de 2014

    O pleno do Parlamento de Navarra rexeitou unha moción pola que se instaba o Goberno foral a “adoptar as medidas oportunas para evitar que nas convocatorias de ingreso na administración se valore máis o coñecemento do inglés ou de calquera outra lingua estranxeira que o coñecemento do éuscaro”.

    Fonte: Noticias de Navarra

    27 de xuño de 2014

    O Consello de Goberno de Castela-A Mancha aprobou a convocatoria das axudas para a mellora da competencia lingüística en inglés dos alumnos de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e 1º de Bacharelato, a través de bolsas para estudar esta lingua en Reino Unido e Irlanda.

    Fonte: Guada Qué

    27 de xuño de 2014

    A Xunta impulsará o idioma portugués en Galicia con iniciativas no ensino, economía, cultura, relacións institucionais e outros ámbitos, para desenvolver a Lei 1/2014 aprobada no Parlamento de Galicia por unanimidade o 24 de marzo.

    Fonte: La Voz de Galicia

    26 de xuño de 2014

    O Executivo establece 168 accións dirixidas a lograr un bilingüismo máis equilibrado, que acurte distancias (entre o éuscaro e o castelán), pero á súa vez máis factible, baseado na vontade e consenso da sociedade.

    Fonte: El Correo

    26 de xuño de 2014

    Os servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organizan a undécima edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras, que ten como principal obxectivo promover a reflexión e dinamización lingüísticas no ámbito universitario.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    26 de xuño de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en Cee a actividade de dinamización do galego ‘As fabas máxicas’, que esta fin de semana chegará á vila coruñesa.

    Fonte: Xunta de Galicia

    25 de xuño de 2014

    A Academia Portorriqueña da Lingua Española quere desempeñar un papel importante na organización do VII Congreso Internacional da Lingua Española que se celebrará na illa caribeña durante a primavera de 2016. O director da Academia Portorriqueña da Lingua Española, José Luis Vega, salientou que o encontro será unha boa oportunidade para abordar a situación do español nos EUA e que non hai mellor sitio para analizar este status que Porto Rico, territorio onde ambos os idiomas son oficiais.

    25 de xuño de 2014

    Un total de 1000 corredores de todas as idades participaron na carreira "Ras yr Iaith" (Carreira da Lingua), no oeste de Gales, para apoiar a lingua galesa e promover o seu uso. A carreira transcorreu polas vilas de Machynlleth, Aberystwyth, Tregaron, Lampeter, Aberaeron, New Quay, Llandysul e Newcastle Emlyn e rematou na localidade de Cardigan.

    Fonte: Carmarthen Journal

    25 de xuño de 2014

    O Concello de Mequinensa e diversas entidades sociais e culturais deste municipio da Franxa presentaron alegacións ao currículo de ensino primario de Aragón para poder manter o ensino do catalán nas escolas e que se recoñeza en todos os desenvolvementos lexislativos do sistema educativo de Aragón, ademais de manter a habilitación do profesorado para impartir a área de catalán e outras áreas nesta lingua.

    25 de xuño de 2014

    O establecemento Treixa da Estrada logra o premio do segundo certame de IES-G, organizado polo IES Nº 1, no que se premia o uso do galego no comercio.

    Fonte: Faro de Vigo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder