A Asociación de Directores de Centros de Secundaria das Pitiusas (Adespi) denuncia que tras a posta en marcha do decreto de tratamento integrado de linguas(TIL) «non se detectou ningunha mellora na materia de inglés».
Fonte: Diario de Ibiza
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Asociación de Directores de Centros de Secundaria das Pitiusas (Adespi) denuncia que tras a posta en marcha do decreto de tratamento integrado de linguas(TIL) «non se detectou ningunha mellora na materia de inglés».
Fonte: Diario de Ibiza
O Plan de éuscaro 2013-2017 do Concello de Lemoa saíuse do habitual. O documento inclúe medidas que, ademais de facilitar o uso da lingua vasca, fomentan a implicación dos veciños do municipio. A ritmo de rock, o grupo local Larregi asina unha canción que, entoada por residentes na urbe, aspira a converterse en máis que un himno.
Fonte: El Correo
Co fin de fomentar a conversa en éuscaro xurdiu Mintzakide, un grupo de encontro e contacto entre persoas ás que lles interesa manter e practicar conversa en éuscaro. Hai máis dun mes, a organización iniciou unha campaña de crowdfunding co fin de recadar fondos para manter este proxecto e pór en marcha unha páxina web que estabeleza unha axenda coa actividade de todos os grupos de conversa de Pamplona e a comarca e que, ademais, sirva de punto de encontro para falantes de éuscaro.
O Ministerio de Educación de Siria anunciou que incluirá o ruso como segunda lingua estranxeira no sistema educativo do país. A iniciativa mostra as estreitas relacións entre Damasco e Moscova.
Fonte: Cri English
Unha farmacia da localidade galesa de Felinheli, no norte do País de Gales, rexeitou unha receita médica por estar escrita parcialmente en galés. A situación é grave porque a farmacia ofrece un servizo en nome do sistema público de saúde e está obrigada a cumprir a lexislación en materia lingüística.
Fonte: Daily Post
Un informe presentado a ministros da Unión Europea mostrou preocupación polo descenso do número de falantes de galés no País de Gales, especialmente nos condados do norte e oeste, as zonas onde é demograficamente máis forte. O informe céntrase tamén na situación do galés nos servizos de asistencia sanitaria.
Fonte: BBC
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixo pública no DOG a orde de convocatoria de axudas aos proxectos de fomento do uso do galego que elaboren os equipos de dinamización da lingua dos colexios e institutos públicos da nosa Comunidade.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, colabora co Concello de Teo –entidade pertencente á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia– na convocatoria do I Certame da Canción de Autor en Galego.
Fonte: Xunta de Galicia
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo organiza unha nova edición do Obradoiro de integración lingüística e cultural, destinado ás persoas nacidas fóra de Galicia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Errenteria organizou varios cursos intensivos gratuítos de éuscaro para as persoas en paro empadroadas na localidade.
Fonte: Diario Vasco
Subscríbase ao boletín