Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de xaneiro de 2014

    O incremento anual do uso do catalán en internet ao longo de 2013 foi do 1,14 % respecto ao ano 2012, segundo os datos do Barómetro de uso do catalán en internet da agrupación de Webmasters Independentes en Catalán, de Cultura e de Ámbitos Cívicos (WICCAC).

    15 de xaneiro de 2014

    O concurso "Fai-me un Laique", promovido polo Concello portugués de Miranda do Douro, ten por obxectivo dar a coñecer os valores materiais e inmateriais da chamada Terra de Miranda e animar a usar a lingua mirandesa, declarou á axencia de noticias Lusa un dos mentores do proxecto, Alfredo Cameirão. O concurso obriga os participantes a usaren a lingua mirandesa para describir fotos que se publicarán na rede social Facebook.

    15 de xaneiro de 2014

    As forzas de seguridade chinesas detiveron oito tibetanos no último esforzo do Goberno por combater as linguas e culturas das minorías étnicas. O ensino da lingua local é considerada ilegal polas autoridades chinesas nas rexións tibetana e uigur, onde o réxime chinés busca substituír a lingua local polo mandarín, o idioma oficial.

    Fonte: Epoch Times

    15 de xaneiro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da obra Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, editada recentemente por Ir Indo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de xaneiro de 2014

    O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, participou na presentación da obra Contacto de linguas, hibridade, cambio: contextos, procesos e consecuencias, coeditada polo Consello da Cultura Galega e mais o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de xaneiro de 2014

    O Concello coruñés abre o prazo de inscrición para os obradoiros de iniciación ás curtametraxes en galego, unha actividade organizada no marco do programa Educa.

    Fonte: La Opinión de A Coruña

    15 de xaneiro de 2014

    O Boletín CeDe USC publica no seu último número un primeiro artigo de difusión escrito en lingua sarda, orientado a dar a coñecer esta lingua minoritaria.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    15 de xaneiro de 2014

    O Ministerio de Educación convocou un total de 15 00 axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa organizados pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo. Destas, un total de 1005 axudas destínanse a titulados en Máster en Profesorado de Ensino Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas e a Mestres, e 14 000 axudas para que os mozos menores de 30 anos poidan realizar un curso de similares características.

    Fonte: Aprendemas

    15 de xaneiro de 2014

    O Concello de Barakaldo puxo en marcha o programa Antzerkhizkuntza, que vai dirixido aos alumnos de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) –é dicir, a rapaces entre 13 e 14 anos- e mestura a promoción da lingua vasca co teatro.

    Fonte: Europa Press

    14 de xaneiro de 2014

    No marco da lei canadense sobre servizos en lingua francesa, a provincia de Ontario designou o centro de ensino La Cité collégiale, en Ottawa, fornecedor oficial de servizos de ensino en francés, co fin de reforzar a educación superior nesta lingua.

    Fonte: Ontario

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder