Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de setembro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora co Concello de Santiago de Compostela, coa Asociación Cultural Rocha Forte e mais coa Asociación de Veciños da Rocha Vella nos actos de celebración da IX Cultural da Rocha.

    Fonte: Xunta de Galicia

    26 de setembro de 2013

    PP e UPyD xa alcanzaron un acordo para que a Lei orgánica de mellora da calidade educativa (LOMCE) recolla expresamente que o castelán sexa a lingua vehicular no ensino de todo o Estado.

    Fonte: Europa Press

    26 de setembro de 2013

    Na sesión plenaria do Parlamento, que estivo protagonizada, tanto dentro da Cámara como fóra desta, pola educación, validouse o decreto 5/2013 de 6 de setembro, en medio dunha polémica que levou á comunidade docente a participar nunha folga indefinida e á realización de diversas protestas a pé de rúa. Segundo o Goberno balear, a norma “é urxente e necesaria” para evitar que os centros carezan do proxecto lingüístico.

    Fonte: Menorca Info

    26 de setembro de 2013

    Membros da Sociedade de Persoas Xordas de Irlanda solicitáronlle ao Goberno o recoñecemento legal da lingua de signos irlandesa. O presidente da sociedade, John Bosco Coname, describiu a lingua de signos irlandesa como a terceira lingua da República de Irlanda e a primeira de moitas persoas xordas.

    Fonte: RTE

    25 de setembro de 2013

    A Mesa pola Normalización Lingüística convoca un ano máis o Premio Abertos ao Galego, co que se recoñece a empresas que destacan polo seu uno normal do idioma galego.

    Fonte: Galicia Confidencial

    25 de setembro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 19 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se adxudican oito prazas de bolseiro/a nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas e mais a Resolución do 19 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se adxudican cinco prazas de bolseiro/a nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, convocadas mediante a Orde do 8 de xullo de 2013.

    25 de setembro de 2013

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega da XVIII Edición do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela ao estradense Xóse Luna.

    Fonte: Xunta de Galicia

    25 de setembro de 2013

    Xa abriu as súas portas na localidade de Lodosa o euskaltegi de AEK, que nace co obxectivo de “potenciar e impulsar o éuscaro nunha zona non vascófona”.

    Fonte: Noticias de Navarra

    25 de setembro de 2013

    O director do Instituto Cervantes, Víctor García de la Concha, destacou que a lingua española contén preto de 10 000 palabras árabes, recollidas no dicionario da Real Academia da Lingua. Así o destacou durante a celebración no Congreso dos Deputados do Foro Parlamentario Hispano-Marroquí que tratou as ‘Relacións culturais no marco dunha herdanza común”.

    Fonte: Voz Pópuli

    24 de setembro de 2013

    O presidente da Asemblea Nacional de Senegal, Moustapha Niasse, anunciou que o servizo de interpretación dos debates parlamentarios en linguas nacionais comezará no mes de decembro.

    Fonte: Senego

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder