Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de setembro de 2013

    As tendas e establecementos do sector comercial e hostaleiro situados en Muskiz poderán optar a unha subvención do Servizo de Éuscaro para a instalación de rótulos e toldos en éuscaro.

    Fonte: Deia

    23 de setembro de 2013

    Diferentes localidades da Comunidade Foral, como Tafalla, Elizondo e Tudela, ademais de Pamplona, acollen a II Semana da Lingua de Signos. Este acto coincide, por un lado, co Día Europeo das Linguas e, por outro, co Día Internacional das Persoas Xordas, que desde os anos 50 celebran asociacións de persoas xordas de todo o mundo.

    Fonte: Noticias de Navarra

    22 de setembro de 2013

    A introdución dun proxecto bilingüe de aprendizaxe en lingua portuguesa e crioulo caboverdiano constitúe unha das novidades do ano lectivo 2013-2014. O Ministerio de Educación do arquipélago caboverdiano revelou que se trata dun proxecto innovador que pretende introducir a lingua materna caboverdiana no sistema educativo sen esquecer o perfeccionamento do ensino da lingua portuguesa.

    Fonte: Portugal Digital

    20 de setembro de 2013

    A difusión da lingua portuguesa pasou dun obxectivo centrado na Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP) para se proxectar alén das fronteiras. O Instituto Camões, a CPLP e un conxunto de universidades portuguesas xúntanse nunha conferencia en Lisboa para apoiar a "difusión do portugués como lingua internacional”. “A lingua portuguesa xa non é só a lingua dos pobos da CPLP", declarou Ana Paula Laborinho, presidenta do Instituto Camões.

    20 de setembro de 2013

    Unha plataforma en liña de autoaprendizaxe de linguas porase proximamente á disposición dos demandantes de emprego de Bruxelas, anunciaron Céline Frémault e Rachid Madrane, ministros de Emprego e de Formación profesional, respectivamente, da rexión de Bruxelas.

    Fonte: Rtbf

    20 de setembro de 2013

    O Goberno dos Azores organizará dous cursos de lingua portuguesa destinados a cidadáns inmigrantes, nunha primeira fase só nas illas de São Miguel e Terceira, revelou a Oficina de Apoio á Comunicación Social (GACS) da rexión.

    Fonte: Dnotícias

    20 de setembro de 2013

    Un bo número de municipios de toda Occitania serán testemuñas do nacemento, a partir do próximo ano, dun novo movemento político occitanista con motivo das eleccións municipais. Entre as claves desta nova plataforma estará a promoción da lingua occitana.

    Fonte: Nationalia

    20 de setembro de 2013

    Co lema Co galego até a fin do mundo!, a plataforma cidadá Queremos Galego organiza unha marcha a prol da lingua o sábado 21 de setembro en Fisterra.

    Fonte: CTNL

    20 de setembro de 2013

    A Xunta xa presentou un recurso contra o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no que se esixe a Educación que acate as sentenzas sobre o decreto do plurilingüismo.

    Fonte: La Voz de Galicia

    20 de setembro de 2013

    Case 236 000 alumnos de todas as etapas educativas estudan, no recentemente iniciado curso, nas chamadas liñas en valenciano, o que supón un aumento, en tres anos, do un por cento do alumnado que pode estudar nos programas que teñen como lingua vehicular a lingua propia da Comunidade Valenciana.

    Fonte: El País

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder