O Diccionari general de l’esport actualizouse este ano con 208 termos novos, cos que alcanzou un total de 11 893, e a modificación de 88 termos xa existentes. Os novos termos proceden de diversas fontes e con eles búscase manter ao día a terminoloxía deportiva en catalán e garantir o acceso á súa consulta, tamén en liña.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Curso de redacción de documentos técnico-xurídicos en galego, organizado pola Escola Galega de Administración Pública, desenvolverase entre o 5 e o 19 de maio de 2025 na modalidade de teleformación.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Dirección Xeral de Cultura e Patrimonio Cultural realizou un estudo pioneiro que compara as linguas canarias antigas coas linguas amazigh do continente africano. A investigación analiza a toponimia amazigh das Canarias, especialmente os termos anatómicos relacionados co corpo humano, e revela vínculos históricos coas comunidades amazigh do norte de África.
A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria para inscribirse nas probas que permiten obter os certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2 3 e 4. Os exames realizaranse en maio de forma presencial e simultaneamente en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid, cidade onde se retoma a súa realización despois de 11 anos.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe en diversos actos incluídos na programación do Día do galego no Bierzo, no marco do protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Goberno castelán-leonés para potenciar os estudos da cultura e lingua galegas nos territorios limítrofes como son o Bierzo e Sanabria.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Secretaría de Cultura, Artes e os Patrimonios dos Pobos de Honduras (SECAPPH, polas súas siglas en español) está a impulsar iniciativas para preservar a gran riqueza lingüística deste país centroamericano.
Fonte: Hondudiario
En Francia, a lexislación actual prohibe o uso de caracteres propios das linguas rexionais nos nomes propios, o que afecta comunidades como a bretoa, occitana e catalá. Un grupo de deputadas e deputados solicita agora unha reforma legal para que os falantes doutras linguas rexionais francesas non vexan vulnerados os seus dereitos lingüísticos e culturais.
Fonte: Diari de la Llengua
A Xunta de Galicia acaba de abrir o prazo para que as entidades locais soliciten as axudas destinadas a levar a cabo accións de promoción do uso da lingua galega, para o que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude achega 350 000 €.
A Mesa pola Normalización Lingüística e a Fundación Vía Galego recuperan LongaLingua, agora en formato dixital e podcast, baixo a dirección da xornalista Eva Fernández Prieto. A publicación ofrecerá análises de persoas expertas sobre a situación do galego en diversos ámbitos, acompañadas de videopodcast en plataformas como Spotify e YouTube.
A cidade de Nova York incorporou o Losar, o aninovo tibetano, á súa lista oficial de festivos, recoñecendo así a crecente vitalidade da comunidade tibetana desde os anos 90. Ademais, a creación dunha páxina de Facebook en tibetano pola Oficina de Asuntos de Inmigrantes reforza o compromiso coa preservación e promoción desta cultura nos Estados Unidos.
Boletín
Subscríbase ao boletín

