O papel da educación e os procesos de urbanización en África están a impulsar o uso do portugués en países como Angola e Mozambique, o que contribúe a consolidar o seu status como lingua global.
Fonte: Público
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O papel da educación e os procesos de urbanización en África están a impulsar o uso do portugués en países como Angola e Mozambique, o que contribúe a consolidar o seu status como lingua global.
Fonte: Público
A Xunta de Galicia, en colaboración coa Radio Galega, vén de convocar o VII Concurso de Podcasts-Radio na biblio, que nesta edición está dedicado ás cantareiras e á poesía popular oral, ás que se lle rende homenaxe co gallo do Día das Letras Galegas 2025.
EITB e Euskaltzaindia asinaron un acordo de colaboración para o período 2025-2028 co obxectivo de promover a normalización do éuscaro nos medios, fortalecer o seu modelo estándar e preservar a diversidade dialectal. Entre as iniciativas, recollerase a produción lingüística de EITB no Corpus de Referencia do Éuscaro e a promoción do seu uso na intelixencia artificial.
O Goberno catalán reforza a presenza do catalán nos videoxogos mediante unha nova convocatoria de subvencións, cunha dotación de 200 000 euros, para empresas privadas destinadas á tradución, localización, dobraxe e subtitulación. Nos tres anos de vixencia deste programa, apoiouse a adaptación de 25 videoxogos cun investimento de case 271 000 euros.
A Confederación Anpas Galegas comprométese a utilizar exclusivamente o galego na súa actividade e na difusión de contidos, ademais de impulsar campañas periódicas a favor do idioma, unha decisión que abrangue as nove federacións e preto de 500 asociacións que a conforman. A entidade só difundirá materiais en galego e solicitará a documentación nese idioma cando reciba textos noutras linguas.
O príncipe Guillermo de Gales compartiu unha mensaxe en galés para conmemorar o Día de San David, patrón do País de Gales.
Fonte: Sky News
A Coordinación do Ensino de Portugués en Alemaña anunciou a apertura do período de inscricións e renovacións para os Cursos de Lingua e Cultura Portuguesas no ano lectivo 2025/2026.
Fonte: Bom dia
A Unesco e a Corporación de Internet para a Asignación de Nomes e Números (ICANN, polas súas siglas en inglés) uniron forzas para fomentar a diversidade lingüística na rede, facilitando o acceso a contidos en diferentes idiomas e garantindo a preservación das linguas maternas no ámbito dixital.
Fonte: Central Charts
O Concello de Barcelona aprobou un plan para reforzar o uso do catalán na restauración, unha iniciativa que inclúe formación básica para o persoal e recursos para incorporar a lingua en menús, sinalización e webs. Ademais, aprobouse un plan de choque que insta a crear un comisionado lingüístico e a aplicar medidas de protección do catalán.
O programa Parketarrak desenvolverase do 3 ao 21 de marzo en 22 parques de Donostia para promover o uso do éuscaro no lecer infantil. A iniciativa está dirixida á rapazada de 3 a 9 anos e estrutúrase en dous grupos segundo a idade. A través do xogo, reforzase a aprendizaxe da lingua e foméntase o seu uso en contornos sociais e familiares.
Subscríbase ao boletín