O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, volveu incidir no Pleno do Parlamento en que “o galego non debe situarse nun escenario de confrontación, senón en achegas en positivo que permitan seguir prestixiando e mellorando o seu uso social”.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación do programa ‘Os trazos de Risco’, unha iniciativa que contará con cinco pezas audiovisuais para homenaxear a Vicente Risco coincidindo co 140º aniversario do seu nacemento. Trátase dunha iniciativa que conta coa colaboración do Goberno galego e que afonda nas distintas facetas do autor.
As novas medidas aprobadas polo Goberno de Flandres sobre migración establecen que todas as familias que se neguen a que os seus fillos e fillas aprendan neerlandés perderán axudas do Estado.
Fonte: Info Migrants
Unha das escolas de lingua cantonesa máis antigas do Canadá, a Mon Keang School de Vancouver, reabrirá as súas portas pola crecente demanda de persoas que queren conectar coas súas orixes.
Fonte: Yahoo News
O Concello de l'Eliana organizou un curso para o persoal municipal, ofrecido pola Oficina de Promoción do Valenciano, co obxectivo de mellorar os seus coñecementos lingüísticos en ortografía, gramática, léxico e expresión oral. Con 25 horas de formación, tanto presencial como en liña, a iniciativa busca capacitar a administración para respectar e promover os dereitos lingüísticos da cidadanía.
A UAB participa no proxecto MOSAIC para desenvolver ferramentas de tradución multilingüe, subtitulación automática e adaptación de contidos baseadas en intelixencia artificial para promover a diversidade lingüística en Europa. O proxecto incluirá a creación de traducións para linguas con menos recursos como o catalán, neerlandés e esloveno, o que mellorará a accesibilidade e potenciará o intercambio cultural.
A Universidade de Vigo retomou o programa Tándem Lingüístico, unha iniciativa que promove o intercambio de linguas entre a comunidade universitaria e o alumnado estranxeiro e que ofrece neste curso unha trintena de idiomas. O obxectivo é facilitar a práctica de linguas e fomentar a diversidade cultural mediante conversas informais.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, achegouse á Estrada para acompañar a veciñanza na xornada de captación de voces no marco do Proxecto Nós levada a cabo pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Universidade de Santiago, para fomentar o uso do galego en espazos dixitais. Trátase dunha iniciativa posta en marcha ao abeiro do Proxecto Nós que ten por obxectivo recoller as diferentes variedades fonéticas e dialectais de Galicia.
Un grupo de defensores da lingua galesa púxose en contacto co ministro principal de Gales, Mark Drakeford, para lle solicitar que restableza as axudas ao sector editorial.
Fonte: Nation Cymru
O Ministerio de Educación de Romanía confirmou que o romanés será incluído na oferta de cursos da Universidade de Cambridge a partir do próximo ano académico.
Fonte: Romania Insider
Boletín
Subscríbase ao boletín

