O Consello Sueco das Artes publicou a convocatoria dunhas bolsas para traducir literatura do sueco a outras linguas nórdicas.
Fonte: Kultur Rådet
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Consello Sueco das Artes publicou a convocatoria dunhas bolsas para traducir literatura do sueco a outras linguas nórdicas.
Fonte: Kultur Rådet
As sete asociacións que compoñen a Mesa do Audiovisual Galego emitiron un comunicado no que alertan sobre a situación do galego no sector audiovisual. Subliñan a importancia deste medio para difundir a lingua entre a sociedade, especialmente entre a xente nova, e urxen ás administracións a promover a produción e distribución de contidos en galego.
Akebai organizou sesións de sensibilización sobre a importancia do éuscaro no deporte, nas que participaron máis de 50 adestradoras e adestradores, así como alumnado de Ensinanza e Animación Social e Deportiva da Uni Eibar-Ermua. Nas formacións abordáronse exemplos e recomendacións para normalizar o uso do idioma nas actividades deportivas.
O Departamento de Política Lingüística do Goberno de Andorra iniciou unha campaña para difundir entre a cidadanía a nova lei da lingua propia e oficial aprobada recentemente.
Fonte: Diari de la Llengua
O presidente de Cabo Verde, José Maria Neves, confía en que, con motivo do cincuenta aniversario da independencia do arquipélago, se oficialice o crioulo caboverdiano como idioma oficial xunto ao portugués.
Fonte: DW
O Goberno vasco e o ICAA asinaron un convenio para impulsar a produción, distribución e exhibición do audiovisual en éuscaro, con transferencia de máis dun millón de euros. Este fondo vincúlase á convocatoria de axudas do Departamento de Cultura, que aumentou significativamente a súa dotación para apoiar obras innovadoras e internacionais, incluíndo series en éuscaro. O acordo culmina as negociacións iniciadas en 2019 para reforzar o sector audiovisual na lingua propia.
As probas de diagnóstico realizadas pola Consellería de Educación en maio revelan un preocupante descenso nas competencias lingüísticas do alumnado de segundo da ESO en Menorca, especialmente en catalán, xa que só o 66 % alcanzou os coñecementos mínimos, fronte ao 81 % en 2016-2017. A baixada tamén afecta o castelán, cunha redución de 7 puntos, atribuída a factores como a pandemia, o uso de pantallas e a nova lei educativa.
A Generalitat de Cataluña e o Conselh Generau d’Aran acordaron reforzar a colaboración para protexer e promover o aranés e exploraron o traspaso de competencias lingüísticas á comarca. Trataron a creación de equipos especializados e o impulso de políticas adaptadas, así como medidas para aumentar a presenza do aranés nos medios e mellorar a formación de docentes.
O libro A fala de Vigo de Xosé-Henrique Costas, presentado co apoio da Universidade de Vigo, reivindica o uso do galego nas parroquias da cidade e sinala o seu léxico e particularidades fonéticas. A obra documenta refráns, expresións e vocabulario específicos do galego local con influencias variadas.
A doutora Anghard Naylor será a nova decana para a Lingua Galesa da Universidade de Cardiff. A académica será a encargada de promover e fomentar o uso da lingua vernácula na universidade e de levar adiante a nova Estratexia pola Lingua Galesa "Yr Alwad".
Subscríbase ao boletín