Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de xuño de 2012

    O Goberno catalán manterá o curso que vén o modelo lingüístico vixente, pese a que o Tribunal Supremo (TS), nunha sentenza, impón tamén o castelán como lingua vehicular no segundo ciclo de educación infantil en Cataluña, igual que o catalán.

    Fonte: Diario de Cádiz

    29 de xuño de 2012

    O diario The New York Times estreou unha nova páxina de noticias en chinés coa que espera gañar aínda máis presenza internacional. A empresa editora pretende facerse un oco entre a crecente clase media en China e gañar a confianza dos lectores “educados, adiñeirados e cidadáns globais” que viven no país asiático.

    Fonte: El País

    29 de xuño de 2012

    A Comisión de Cultura rexeitou unha proposición non de lei na que se pedía que o coñecemento da lingua oficial en determinadas zonas non sexa só un mérito para acceder á función xurisdicional senón un requisito.

    Fonte: El Correo

    28 de xuño de 2012

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu á entrega do premio Lois Peña Novo que nesta edición recoñeceu o Dicionario Xurídico Galego, cuxa edición é promovida pola Consellería en colaboración coa Revista Xurídica Galega (Rexurga), nun acto que se desenvolveu no Castelo de Soutomaior, en Pontevedra. Así mesmo, resultaron galardoados Luís Villares, maxistrado de Lugo, e o policía local de Redondela Gonzalo Amoedo.

    28 de xuño de 2012

    A consellería dirixida por Xesús Vázquez Abad presentou en Boiro o programa de actividades “FalaRedes”, destinado aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    28 de xuño de 2012

    Con motivo do inicio do período de matriculación para o curso 2012-2013, a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta lembrou que, «segundo se recolle no Protocolo de colaboración asinado pola Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León, os centros adscritos ao Programa para a Promoción do Idioma Galego deben outorgarlle continuidade, proporcionando información obxectiva e facilitando a incorporación voluntaria dos alumnos».

    28 de xuño de 2012

    A tradución da carta magna dos colombianos ao palenquero faise en recoñecemento da identidade cultural do primeiro pobo libre de América e é un claro exemplo de inclusión social. O obxectivo do proxecto é que todos os palenqueros coñezan a Constitución, se enriquezan e poidan exercer os seus dereitos.

    Fonte: El Universal

    28 de xuño de 2012

    A Comisión de Asuntos institucionais do Parlamento balear aprobou a modificación da Lei de función pública, que elimina o requisito de coñecemento do catalán para traballar na Administración pública, para convertelo nun mérito.

    Fonte: Europa Press

    27 de xuño de 2012

    A pesar de décadas de integración europea, menos dun de cada dous mozos dos 27 Estados membros fala ben unha lingua estranxeira como para manter unha conversa, declarou o executivo da Unión Europea.

    Fonte: The Australian

    27 de xuño de 2012

    A exposición e uso ambiental da lingua estranxeira en contextos non formais –como o consumo de produtos audiovisuais en versión orixinal– mellora a comprensión oral dos/as rapaces/zas, segundo se desbota do traballo realizado polos investigadores da Universidade de Santiago de Compostela implicados no Estudo Europeo de Competencia Lingüística (EECL).

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder