O Concello de Barakaldo presenta o seu novo Plan estratéxico do éuscaro, que busca garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía e fortalecer a presenza da lingua en todos os ámbitos. Elaborado con achegas de diversos axentes sociais, aposta por unha política lingüística inclusiva e adaptada á diversidade local.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A asociación Salut pel Català puxo en marcha un programa de acollida lingüística e cultural para os 125 residentes de primeiro ano do Hospital Clínic de Barcelona, co obxectivo de facilitar a súa integración e sensibilizalos sobre a realidade lingüística do país. A iniciativa, que inclúe cursos de catalán, parellas lingüísticas e actividades culturais, busca garantir o dereito dos pacientes a seren atendidos na súa lingua. Esta proba piloto podería estenderse a outros hospitais no futuro.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Mos avanzan en novas vías de colaboración para impulsar o galego, dinamizar a cultura e poñer en valor o patrimonio local. O conselleiro José López Campos reafirmou o compromiso de integrar Mos na estratexia do Pacto da Lingua e apoiar a súa programación cultural, especialmente a través da Rede Adival.
A Universidade de Vigo abre a convocatoria dos cursos de formación en lingua galega para o segundo cuadrimestre do curso 2024/2025, organizados pola Área de Normalización Lingüística. A oferta inclúe seis cursos en modalidade en liña e centraranse en diferentes temas como calidade lingüística, sociolingüística ou uso oral, entre outros.
A proliferación no uso de palabras estranxeiras en Corea do Sur, especialmente do inglés, está a xerar preocupación sobre a preservación do idioma coreano e a súa identidade cultural.
Fonte: Los Angeles Times
As universidades dos territorios de lingua catalá impulsan as bolsas Joan Fuster, unha nova liña de axudas para fomentar a mobilidade do alumnado de máster e doutoramento. O obxectivo é potenciar a investigación con impacto nestes territorios e reforzar o uso do catalán na esfera académica. Cun orzamento total de 100 000 euros, cada beneficiario poderá recibir ata 3000 euros para estancias de ata seis meses entre 2024 e 2026.
A iniciativa Sorionekuak convoca a cidadanía a participar o 10 de maio nunha acción simbólica nas pontes de Navarra para reivindicar o éuscaro como ponte cara ao futuro. A proposta, apoiada por figuras destacadas da cultura e o deporte, busca promover, protexer e dignificar o idioma como parte esencial da identidade navarra.
Fonte: EFE
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe un encontro co decano do Colexio Notarial de Galicia, José María Graíño, no marco dos contactos que está a ter o Executivo autonómico para fomentar e normalizar o uso do galego en distintos sectores profesionais, tanto a nivel interno como na súa relación coa cidadanía, co obxectivo de prestixiar o uso social do idioma.
A Deputación da Coruña convoca a oitava edición do concurso Quero Cantar que promove a creación musical en galego entre a infancia e a mocidade. Poderán participar solistas e grupos con cancións inéditas en dúas categorías: infantil e xuvenil. Os premios inclúen a gravación en estudio, videoclips e material cultural e a gala final terá lugar o 6 de abril no Teatro Colón da Coruña.
Os Premios Youtubeiras+ recoñecen a creación de contidos dixitais en galego. Na edición deste ano, resultaron galardoadas as canles Exército Mekemeke, Sara Seco, Orgullo Galego, Galiactiva, Rebelico Revista, Luís do Río e Prado Rúa. A iniciativa, promovida por concellos, universidades e a Deputación da Coruña, busca impulsar a presenza do galego nas redes sociais.
Boletín
Subscríbase ao boletín

