O pleno de Barcelona aprobou a creación dun hub de creadores de contido, tecnoloxía e lingua para impulsar o catalán no ámbito dixital. O proxecto inclúe unha "fábrica de contidos" para fortalecer a produción audiovisual neste idioma. Tamén prevé un espazo físico e virtual, ferramentas para analizar o uso da lingua entre a mocidade e a incorporación da perspectiva de xénero nos contidos.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Concello de Bilbao ampliou as subvencións para aprender éuscaro a toda a cidadanía no curso 2024-2025, o que triplicou as solicitudes e aumentou o orzamento ata os 700 000 euros. Este cambio permitiu que todas as persoas que cumpriron os requisitos recibisen axuda para cubrir a matrícula en euskaltegis. A medida busca fortalecer o uso e a transmisión do éuscaro na vida diaria.
O Centro de Linguas da UDC organiza dous cursos de galego para fomentar o seu uso no ámbito xudicial: un de iniciación, para xuíces e xuízas que se acerquen ao galego por primeira vez, e outro de usuario independente, dirixido a quen busca perfeccionar o seu dominio do idioma.
O programa de dinamización lingüística da Xunta «21 días co galego e +» arranca a súa sétima edición que ofrecerá obradoiros de regueifas, contacontos e actuacións musicais nos centros que participan. Así o avanzaron no acto de apertura desta iniciativa o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús M. Álvarez Bértolo.
A quinta edición do concurso anual de lingua inuvialuktun, organizado pola comunidade inuvialuit no norte do Canadá, busca revitalizar e promover o uso desta lingua indíxena entre as novas xeracións. O certame fomenta a preservación da herdanza cultural deste pobo nativo.
Fonte: CBC
No Liceo de Diekirch, en Luxemburgo, existe unha clase especial onde os profesores luxemburgueses están a aprender portugués. O obxectivo é mellorar a comunicación co alumnado lusófono e comprender mellor a súa cultura.
Fonte: Contacto
Segundo datos recentes, o 60,5 % da cidadanía belga de entre 15 e 34 anos ten un "bo ou moi bo coñecemento" do inglés, superando ao neerlandés (57,1 %) e ao francés (56,3 %). Estes datos revelan que Bélxica é o único país europeo onde a lingua máis falada entre a mocidade non é oficial.
Fonte: Brussels Times
O chatbot chinés de código aberto DeepSeek destaca polo seu bo manexo do galego e a súa análise sobre a situación da lingua. Recoñece os esforzos na súa promoción, pero tamén os retos, como a perda de falantes en contornos urbanos. Propón medidas para reforzar o uso do galego, desde a educación ata os medios. Ademais, valora positivamente a ciencia en galego, aínda que advirte sobre a falta de continuidade e visibilidade nos medios.
Un estudo publicado en Developmental Science revela que os bebés comezan a aprender os padróns da linguaxe arredor dos catro meses de idade, desafiando a crenza previa de que este proceso se iniciaba entre os seis e doce meses. Isto podería ter implicacións na detección temperá de atrasos na fala.
Fonte: Portal n10
RTVE emitirá contidos infantís en catalán e castelán en Clan antes de que remate 2025 e traballa para incorporalos tamén en éuscaro e galego. Ademais, prepara unha oferta específica en catalán e ampliará a presenza das outras linguas cooficiais.
Fonte: Galicia Confidencial
Boletín
Subscríbase ao boletín


