Escola Valenciana e Famílies pel Valencià esixen a retirada inmediata da consulta sobre a lingua base do ensino, ao considerar que pretende reducir a presenza do valenciano. Denuncian a falta de información e planificación por parte do goberno autonómico, o que xera incerteza nos centros educativos e nas familias en plena fase de portas abertas.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participaron hoxe no instituto Castelao de Vigo nunha das primeiras programacións escolares, impulsadas co apoio da Xunta de Galicia para festexar o Ano Castelao, coincidindo co 75 aniversario do pasamento deste intelectual galeguista.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Unha investigación do Consello de Europa insta as autoridades lituanas a protexeren e promoveren as linguas das súas minorías nacionais, garantindo dereitos lingüísticos fundamentais en áreas como a educación e os medios de comunicación.
Fonte: Mirage News
Un estudo sociolingüístico revelou que o idioma bretón, unha das linguas rexionais de Francia, perdeu a metade dos seus falantes nos últimos seis anos, un dato alarmante, xa que actualmente estes representan tan só o 2,7 % da poboación. O mesmo estudo tamén confirma a perda de falantes doutra lingua rexional da Bretaña, o galó.
Fonte: Diari de la Llengua
Un estudo sociolingüístico confirmou o aumento do uso do éuscaro en Amorebieta-Etxano, cunha suba do 3,1 % nos últimos cinco anos, co que alcanza o 23,4 % das conversas na rúa. O municipio sitúase como referente no territorio, cun uso superior á media comarcal.
Fonte: DOTB
A Universidade de Oviedo presentará en 2025 o “Atles Llingüísticu del Asturianu” (ALAS), un proxecto pioneiro que analiza 500 fenómenos lingüísticos en 90 localidades do dominio asturleonés.
Fonte: La Voz de Asturias
O Cantalingua 2025, organizado polo Correlingua, abre a súa convocatoria para impulsar a música en galego, ofrecendo actuacións remuneradas en centros escolares. As bandas e solistas poden inscribirse ata o 20 de febreiro e optarán a premios de entre 600 e 1300 euros segundo o número de integrantes. As cancións serán difundidas en redes e plataformas dixitais para reforzar a súa visibilidade.
Esta nova edición do obradoiro de acollemento lingüístico, destinado a persoas de fóra de Galicia que queren coñecer a lingua e a cultura galegas, desenvolverase a partir do 4 de febreiro e inclúe un manual de contidos para o alumnado.
Fonte: Concello de Carballo
O Collège Internacional Vauban, situado en Estrasburgo, Francia, abriu as inscricións para as súas novas seccións internacionais. A partir de setembro, os estudantes poderán cursar materias en portugués, ademais de coreano e polaco, ampliando a oferta educativa multilingüe do centro.
Fonte: Bom dia
Os programas destinados a promover o uso do gaélico están en risco debido a un déficit de financiamento. O orzamento de Foras na Gaeilge, a autoridade responsable da promoción do irlandés, non está a experimentar un incremento nos últimos anos, o que pon en perigo a continuidade de varias iniciativas lingüísticas.
Fonte: The Irish Times
Boletín
Subscríbase ao boletín

