O profesor da Universidade da Coruña Xosé Manuel Sánchez Rei reforza con argumentos sólidos a réplica a preconceptos sobre o galego no ensaio Lingua galega e variación dialectal, que acaba de publicar Laiovento.
Fonte: El País
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O profesor da Universidade da Coruña Xosé Manuel Sánchez Rei reforza con argumentos sólidos a réplica a preconceptos sobre o galego no ensaio Lingua galega e variación dialectal, que acaba de publicar Laiovento.
Fonte: El País
A Consellería de Educación e Cultura seguirá potenciando o ensino e a aprendizaxe da lingua portuguesa como elemento de definición da educación en Estremadura.
Fonte: Extremadura al Día
A Oficina de Normalización Lingüística do Concello de Llaviana convocou o seu primeiro concurso de elaboración de postais de Nadal en lingua asturiana, dirixido aos alumnos dos centros de educación primaria do concello.
Fonte: 20 minutos
Co fin de responder á necesidade de protexer as linguas locais, durante a presentación da tradución do libro A lingua ormuri: pasado e presente, expertos de Paquistán e outros países instaron a facer un esforzo para salvar esta lingua, falada polo pobo ormuri en Paquistán e Afganistán.
Fonte: The Express Tribune
O condado de Dodge, no estado americano de Nebraska, non imprimirá o material electoral en lingua española porque cre que o nivel de alfabetización da poboación de orixe latina (un 10 % do total do condado) é superior á media nacional.
Fonte: Fox News
Un lipdub (un vídeo musical no que os protagonistas fan playback mentres soa a música nun reprodutor móbil dunha canción popular e que é costume realizar nunha soa toma) feito no CPI Virxe da Saleta de Cea a finais do pasado curso en defensa do galego está triunfando nas redes sociais.
Fonte: La Voz de Galicia
Un novo proxecto de radio en lingua galega vén de aparecer na rede: anfiteatrogzradio. A súa intención é a de encher as 24 horas do día con programación de diversos contidos, coa finalidade de crear unha emisora en galego que fomente os grupos musicais galegos, a literatura galega... e todo canto teña cabida no mundo da cultura.
Fonte: SNL de Redondela
A mellora da competencia en galego do persoal da Administración Xeral do Estado que presta os seus servizos en Galicia é un obxectivo que comparten a Xunta e o Instituto Nacional de Administración Pública (INAP).
Fonte: Xunta de Galicia
Mellor formación para o persoal docente e un cambio normativo que permita esixir ao profesorado a capacitación para impartir clases nun idioma estranxeiro. Son dúas das medidas que a Consellería de Educación considera fundamentais para desenvolver o novo modelo de ensino trilingüe na Comunidade Valenciana.
Fonte: Las Provincias
No estado de Luisiana, nos Estados Unidos de América, hai unha demanda cada vez maior de ensino dunha segunda lingua, a medida que as linguas diferentes ao inglés acadan unha maior presenza nos EUA. Aínda que a demanda de lingua española é aínda moi alta, agora as familias de Luisiana solicitan cada vez máis ensino en francés para os seus fillos, co fin de que estes teñan máis oportunidades de éxito no futuro.
Fonte: Associated Press
Subscríbase ao boletín